O alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, asistiron á actividade promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización do centro e polo SNL do Concello de Vigo á actividade " Polo correo do vento"
É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
A colección Polo Correo do Vento, é unha colección editada por Edicións Xerais, e preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está
concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas
relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica
galega. Hugo, o teixugo, está protagonizado por algúns dos mamíferos da nosa
fauna (o teixugo, a toupiña, o xabaril, o furón, a raposa…), presentando os
diversos oficios tradicionais e algúns espazos paisaxísticos da Galicia interior
(Ancares, Fragas do Eume…). Cada un dos volumes complétase cun epílogo, “Qué
aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais
ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina
dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.
No obradoiro desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración.
Nunha segunda parte do obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador.
Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".
Deixovos o enlace ao arquivo rar que tendes que baixar para verdes o albume de fotos.
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/cUTkJvHjHd/Polo%20correo%20do%20vento/Polo%20correo%20do%20vento.rar
Ningún comentario:
Publicar un comentario