Continuamos coas fichas de experimentos do programa " Ciencia en galego" que temos expostos nos taboeiros de Secundaria.
Hoxe experimentamos co Volcán.
Un volcán é unha fenda na cortiza terrestre que está en contacto cunha zona magmática e que baixo certas
condicións permite a saída de materias fluídas ou sólidas a alta temperatura (a lava). Existen dous tipos
de lava, unha máis fluída e polo tanto máis destrutiva e outra máis viscosa de avance máis lento. Todas as
persoas coñecemos os efectos destrutivos dunha erupción volcánica, mais tamén é un espectáculo moi
atrainte.
QUE NECESITAMOS?
-Unha botella de plástico de 33ml
-Vinagre
-Bicarbonato de sodio
-Pementón
-Fariña
-Auga
QUE IMOS FACER?
Énchese a botella con auga até aproximadamente un terzo do seu volume e sobre esta engadimos vinagre até
completar algo máis dos dous terzos da botella. Sobre esta disolución botamos unha cullerada de pementón que dará cor vermella á “lava”. Agora colocamos a botella no interior do volcán, de tal modo que ao ter lugar a reacción química a “lava” xerada suba polo colo da botella e esvare polas paredes do volcán.
Para que se produza a dita reacción engade polo boca do volcán un par de culleradas de bicarbonato de sodio. Ao entrar en contacto este sólido co ácido acético que contén o vinagre ten lugar o seguinte proceso onde se xera dióxido de carbono (gas) que empurra a “lava” cara ao exterior.
VINAGRE+BICARBONATO SÓDICO → DIÓXIDO DE CARBONO+AUGA+ACETATO DE SODIO
COMPLETA O EXPERIMENTO
Se engades fariña á botella que contén o vinagre conseguirás que a “lava” teña un aspecto máis espumoso,
sendo máis espesa.
Pódense construír volcáns moi diferentes empregando pasta de papel que unha vez seca se recubre cunha pintura plástica capaz de soportar a “lava” que non é máis que unha disolución acuosa (de auga). Ademais podes usar como boca do volcán o tapón da botella perforado; xa que así consegues que o peche do lugar onde vai ter a reacción (botella) sexa hermético e que a “lava” teña un único camiño de avance.
Ningún comentario:
Publicar un comentario