domingo, 24 de novembro de 2013

RELATO COLECTIVO

Co gallo de escribírmonos algo en contra da violencia de xénero, hoxe imos a experimentar e interaccionar entre nós. Empezamos entre todos a escribir un breve relato colectivo. Comezo o texto e o alumnado que queira pode seguir, ao final teremos un relato curto ou non, xa veremos, que será publicado neste blogue.
Podedes enviar as vosas continuacións ao enderezo de correo: normalizacioncprnsesperanza@gmail.com 
Veña! Imos ver qué nos sae entre todas e todos!!!!! 


COMEZO

Estaba sentado fronte a el. A mesa era ampla, e só había un cinceiro, pero que non se podía usar, a Lei o prohibía! qué estupidez! e para qué o poñían. Observaba en silenzo a faciana que o ollaba con rabia e mágoa. Non sabía qué fora dela, non sabía qué teria ocorrido. Só sabía que estaba aí, observado, analizado, só, afundido, confundido...
As lembranzas acodían á súa cabeza. Era de madrugada. O seu pelo negro ondeaba cal unha bandeira ao vento, ao son da música. Era preciosa! Preciosa...

FRASES CÉLEBRES EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia é o medo aos ideais dos demais.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 


Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio.


Desconfío da incomunicabilidade; é a fonte de toda violencia.

Jean Paul Sartre. 1905-1980. Filósofo e escritor francés. 


A violencia é o último recurso do incompetente.

Isaac Asimov. 1920-1992. Escritor e bioquímico estadounidense. 


A violencia crea máis problemas sociais que os que resolve.

Martin Luther King. 1929-1968. Relixioso estadounidense. 


O que se obtén con violencia, soamente pódese manter con violencia.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 


A violencia é medo das ideas dos demais e pouca fe nas propias.

Antonio Fraguas Forges. 1942-?. Humorista español. 


O home naceu na barbarie, cando matar ao seu semellante era unha condición normal da existencia. Outorgar unha conciencia. E agora chegou o día en que a violencia cara a outro ser humano debe volverse tan aborrecible como comer a carne doutro.

Martin Luther King. 1929-1968. Relixioso estadounidense. 


Quixese sufrir todas as humillacións, todas as torturas, o ostracismo absoluto e ata a morte, para impedir a violencia.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 



Toda reforma imposta pola violencia non corrixirá nada o mal: o bo xuízo non necesita da violencia.

Leon Tolstoi. 1828-1910. Escritor ruso. 


Os medios violentos darannos unha liberdade violenta.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 



A espiral da violencia só a frea o milagre do perdón.

Juan Pablo II. 1920-2005. Papa da igrexa católica. 


A violencia non é senón unha expresión do medo.

Arturo Graf. 1848-1913. Escritor e poeta italiano. 


As antipatías violentas son sempre sospeitosas e revelan unha secreta afinidade.

William Hazlitt. 1778-1830. Literato inglés. 


A tarefa que enfrontan os devotos da non violencia é moi difícil, pero ningunha dificultade pode abater aos homes que teñen fe na súa misión.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 


A humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 


Para unha persoa non violenta, todo o mundo é a súa familia.

Mahatma Gandhi. 1869-1948. Político e pensador indio. 



A violencia xamais resolve os conflitos, nin sequera diminúe as súas consecuencias dramáticas.


Juan Pablo II. 1920-2005. Papa da igrexa católica. 



25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. DEFINICIÓN

 Para o caso dos organismos oficiais, a violencia de xénero como concepto tería o seu seo nas resolucións 34/180 de 18 de decembro de 1979 e 48/104 do 20 de decembro de 1993 aprobadas pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas; particularmente esta última —baixo o título Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller— define o que se entende como violencia contra a muller, que permitiría contextualizar á violencia de xénero para este grupo de persoas:

«(...) "violencia contra a muller" enténdese todo acto de violencia baseado na pertenenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada» (Asemblea Xeral da ONU. Resolución 48/104, 20 de decembro de 1993).

«violencia por motivos de xénero é unha forma de discriminación no sentido da definición do artigo 1 da Convención e que a discriminación contra a muller é unha das causas principais de devandita violencia. Por outra banda, destaca que a violencia por motivos de xénero impide gravemente que a muller goce de dereitos e liberdades en pé de igualdade co home. A recomendación xeral N° 19 sitúa a violencia por motivos de xénero no marco dos dereitos humanos. Os Estados, os organismos do sistema das Nacións Unidas, as organizacións non gobernamentais e a sociedade civil, así como os investigadores e as mulleres individualmente utilizan este marco para previr e combater a violencia contra a muller e para mellorar a rendición de contas».

A principios da década de 2000, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados sinalou que a violencia de xénero podía catalogarse como unha violación dos dereitos humanos, e indicou que este flaxelo afectaba a mulleres, homes, nenos e nenas, aínda que son elas as que predominantemente son vítimas. Este organismo indica que é un tipo de violencia «que se dirixe en contra dunha persoa sobre a base do seu xénero ou sexo»,definición que é compartida por diversas organizacións internacionais, entre elas a UNICEF, a axencia europea EIGE —que asesora á Comunidade Europea e os seus estados membros en materias de igualdade de xénero—,The Women’s Health Council e o Departamento de Xustiza e Igualdade de Irlanda, a Corte Penal Internacional,o Consello Internacional de Organizacións Voluntarias ou Human Rights Watch.

Respecto ao Estatuto de Roma, cando fai referencia á violencia de xénero nos artigos 42(9), 54(1a) e 68(1), o término «xénero» debe entenderse exclusivamente como un término que se refire aos dous sexos, masculino e feminino, no contexto da sociedade» segundo o que sinala o artigo 7(3);así, a violencia de xénero:
«(...) engloba calquera acto perjudicial perpetrado en contra da vontade dunha persoa e baseado nas diferenzas de atribución social (xénero) entre homes e mulleres. Os actos de VX violan un determinado número de dereitos humanos universais protexidos polas convencións e os instrumentos internacionais. Moitas formas de violencia de xénero —aínda que non todas se consideran ilegais e actos criminais nas políticas e leis nacionais» (UNFPA, 2012).

OS MONICREQUES DE TANXARINA TEATRO

O alumnado de 1º Ciclo de Primaria, asistiu a unha presentación- representación do teatro de monicreques que realiza " Tanxarina teatro" no Verbum.
Viñeron encantados. Coñeceron Que é un títere? Como se move? Como fala? Que técnicas existen? Quen os manexa? Cal é a historia da Compañía Tanxarina?…
Fixeron un percorrido teórico cunha pequena introdución narrativa da historia da compañía: traxectoria,
espectáculos, anécdotas...Tipos de bonecos e formas de manipulación: títeres de luva, sombras
chinesas, marotes, marionetas de fíos...
Foi un percorrido sensorial e visual a través de pequenas historias do seu repertorio, contadas e faladas polos propios bonecos.
Déixovos as fotografías e un breve comentario dos tipos de títeres que coñeceron os compañeiros.
TÍTERES DE VARILLA

PRESENTACIÓN
MAROTES


TÍTERES DE LUVA

TÍTERES DE VARA
                                      TÍTERES DE MANIPULACIÓN DIRECTA

UNIDADE DIDÁCTICA " O APALPADOR"

Achégase o tempo do Nadal, e o máis famoso carboeiro da Galiza está a piques de chegar. Para preparar a súa vinda, déixovos unha unidade didáctica da que podedes extraer colantes, colgantes para a árbore de Nadal, debuxos para poñer nas fiestras e moito máis. Non hai máis que pinchar nos enlaces.
Desfrutade!

http://bit.ly/udapalpador 
http://issuu.com/fartabria/docs/udapalpador

sábado, 16 de novembro de 2013

ANTÓN E O APALPADOR

Libro publicado por " Barafunda", aquí volo deixo para que o poidades ler!
http://apalpador.es/

O APALPADOR

Imos empezar a prepararnos para a chegada do persoeiro máis entrañabel do Nadal
: O Apalpador. Recollemos este artigo de " Galicia encantada"

Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro

Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994.
Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns.
O día 31 de decembro baixa da montaña e visita os nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.
Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador.
Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos “”que teño ouvido e que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba”:
Hoxe é noite de Nadal,
vaite ninín á camiña
que vai vir o apalpador
a palparte a barriguiña


Recentemente, en datas previas ao Nadal de 2008 escoitamos no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto "Aberto por reformas" o testemuño de Miguel Losada quen facía referencia ao Pandigueiro, personaxe que na Terra de Trives acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.
Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle leitiña con purgazos (castañas secas, cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra) e este baixaba da Serra da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida de amieiro.
Chámese como se chame, segundo a procedencia das referencias, urxe unha investigación máis profunda sobre este personaxe que apalpa as barrigas dos meniños que non tiveron a sorte de comer a fartar na cea da noite de Nadal ou na de Ano Vello.
Mentres, irémonos facendo eco das achegas que recibamos.
© Galicia Encantada
_____________________________

BIBLIOGRAFÍA



O BOSQUE DE LEVAS

O pasado xoves, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistimos a visualización do filme " O bosque de Levas" baseado nunha novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo publicada por Editorial Galaxia en decembro de 2002.

Conta a historia de Marcelo de Salas Gutiérrez de la Cruz, un madrileño, de profesión impresor, asasinado no garrote vil en 1832, ó ser considerado afrancesado e liberal, contrario ás ideas absolutistas e partidarias do rei Fernando VII.
Marcelo, ó morrer no garrote e non fusilado, como correspondería polos seus delitos, converteuse nun espectro. Conserva o corpo e a alma, pero consérvase nas tebras. Marcelo xa levaba tempo instalado na casa do narrador, Alberte, que vive coa súa muller e tres fillos adolescentes. Ata que decide mostrarse para solicitarlle axuda.

Tras moitos diálogos, algunha excursión e algunha discusión, Marcelo, que sente devoción por moitos dos inventos do século XX, pero especialmente polo automóbil, ten un accidente co Citroën de Alberte, tralo que pasa unha época sen aparecer. Tras escoitar o himno de Riego aparece de novo, e Alberte decide a axudalo definitivamente. Cun compañeiro de traballo, organiza un xuízo no que se acusa a Marcelo de liberal e traidor á Patria, sendo condenado a ser fusilado.

Narrado en primeira persoa, describe sobre todo os sentimentos e reaccións de Alberte, pero tamén fala das sensacións de Lucía, a súa muller, e dos seus fillos. Ten moito diálogo con Marcelo, e mesmo unha forte discusión sobor do sentimento centralista dos madrileños.
A trama ten lugar entre 1996 e o entroido de 1997. Desenvólvese en gran parte na casa de Alberte (posiblemente un alter ego do escritor), en Panxón, con visitas ó Baixo Miño, a Tui e mesmo a Portugal.
Pode considerarse unha traxicomedia, pois ten moitos aspectos divertidos, e aínda que acaba cunha morte, acaba satisfactoriamente, pois cúmprese o desexo de Marcelo, se ben a Alberte lle pesará moito a desaparición do seu amigo.
Foi levada ao cine por Antón Dobao en 2006, co título de O bosque de Levas.

Despois de rematado o filme asistimos a un libro-video-foro co autor. 






xoves, 14 de novembro de 2013

O MAGOSTO DA INFANTIL E PRIMARIA

Este ano, como tódolos demáis, celebramos a festa da castaña no polideportivo coa maioría de protagonistas do curso pasado, coa alta dun novo grupo, 3 anos, e a baixa doutro que marchou para a ESO.
Como cada magosto, as castañas e as asadoras comezan o rito desta actividade na que os nenos e nenas son acomodados para acoller o desexado "cucurucho",e unha vez que reciben o asado alimento dispóñense a investigar: cantas veñen?, están quentes ou non?, pero, veñen sen pelar?, e... máis cousas que vós, xa sabedes. Cando o degoiro amainou entón vén o bo, o tirabolos convértese en castaña e os mestres botamos a temblar...
Este ano a contenda foi en plan pacífica e ordenada.





Comezamos cos máis cativos











Os seguintes xa están no terreo de xogo, as intencións son outras.




 


 Unha festa que cumpre co xeito da tradición e que non se rompa.
magosto, ata o ano que vén!!!

Actividades do magosto nas aulas
Tamén tívose en conta a proxeción da raíña deste mes nas aulas, coas distintas actividades e exposiccións nos corchogramas das distintas etapas, vexamos:
Infantil


1ºciclo primaria


2ºciclo primaria


3ºciclo primaria



Outras tradicións

REFRÁNS

  • Auga en agosto, nin bo viño nin bo magosto.
  • Polo Pilar as primeiras castañas has de asar.
  • Polo San Martiño castañas e viño.
  • Castañas polo Nadal saben ben e pártense mal.
RECEITARIO
CANCIONEIRO                                                                                                                                       




xoves, 7 de novembro de 2013

GÚSTAME O GALEGO DE PRIMEIRA"


O Concello, xunto coa Universidade de Vigo, a Fundación Celta de Vigo e o Real Club Celta están desenvolvendo a campaña de dinamización da lingua galega “Gústame o galego de primeira”.

“Gústame o galego” (www.gustame.gl) é unha campaña de normalización da lingua de noso que se vén realizando por todo o país e cuxo obxectivo é sumar apoios a prol da lingua galega e visualizalos.

Gústame o galego de primeira” suma os apoios individuais e colectivos de xogadores, cadro técnico e da propia entidade. Sabemos da importancia de termos referentes en calquera actividade da nosa vida, e somos tamén conscientes da relevancia que as e os deportistas teñen entre a mocidade.
Este Celta que tira da xente da casa, que ten xogadores vigueses e galegos había ser o referente para levar a cabo unha acción normalizadora da lingua galega.
Saudamos e queremos resaltar o apoio inmediato do Real Club Celta e da Fundación Celta de Vigo cando se lles presentou esta actuación, e dende logo o compromiso dos xogadores (tanto os galegos como os de fóra) e tamén do propio adestrador á hora de participar na campaña.
Pero o Celta non só son os xogadores nin adestrador, o Celta somos os seareiros e seareiras que o seguimos decote. E o galego hemos de o ser todas e todos, cómpre sermos seareiras e seareiros do galego!
E para demostrarmos ese apoio e visualizalo, este sábado a partir das 19:00 h, poderemos facernos unha foto co lema da campaña que escollamos. Será en Balaídos, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para que nos acheguemos a darlle o noso apoio a lingua galega. Dende ás 19:00 h e até o comezo do partido (22:00 h).
Conscientes do tirón que ten o Celta entre a mocidade, solicitámosvos que lle fagades saber o voso alumnado desta actividade e que lle acheguedes información e a autorización que vos enviamos. Esta autorización cómpre que veña asinada por nai/pai, titor ou titora xa que de non ser así non poderán ser fotografados.
Quen se achegue facer fotografía recibirá un agasallo da campaña, e formará parte do fotocol resultante.
Podedes obter máis información na páxina: www.gustame.gl



O MAGOSTO

O  MAGOSTO



 En novembro ten lugar en Galiza o magosto . Sempre se puido celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún curruncho da aldea, pero o seu lugar orixinario foi no monte.

Os celtas non tiñan templos no senso latino da palabra templum. Celebraban as súas festas e as súas ceremonias rituais nun descampado da fraga. Por unha razón ou por outra, a fraga e o templo eran para os celtas nocións semellantes e intercambiables. Di Vicente Risco que os galegos non teñen templo senón natureza.

En Galiza celebrábano no atrio da igrexa ou na encrucillada da aldea ou ó pé do cruceiro.

Na nosa era celébrase en calquera lugar que un queira, pero ó redor dunha raíña chamada castaña e acompañada dun príncipe nomeado zume de uva. Por mor deles a humanidade galega, á semellanza dos celtas, xúntase en comunidade para esquecer os agravios e compartir as cousas dos humanos.