domingo, 29 de setembro de 2013
CIENCIA EN GALEGO
http://snl.vigo.org/archivos/programas/2013061411482315bde7ccdbb734b8ef11f81f06f42d0e.pdf
FICHAS DE EXPERIMENTOS SINXELOS QUE SE PODEN FACER NA CASA, ímosche dar un exemplo, podes acceder a máis no enderezo anterior.
FICHAS DE EXPERIMENTOS SINXELOS QUE SE PODEN FACER NA CASA, ímosche dar un exemplo, podes acceder a máis no enderezo anterior.
COMO O FACEMOS?
A BOTELLA E A MOEDA
QUE NECESITAMOS?
-Unha botella
-Unha moeda
QUE IMOS FACER?
Imos meter durante un certo tempo a botella no conxelador do frigorífico, até que estea ben fría. Ao cabo dun tempo (por exemplo, media hora) sacámola e deixámola de pé nunha mesa.
A continuación, tapamos a boca da botella cunha moeda e observamos a ver que pasa. Se fai falla agarda un pouco.
QUE É O QUE PASA?
Por que cres que ocorre isto? Que ocorreu? Se fixeches ben o experimento, puideches ver como a moeda, durante uns minutos, dá pequenos saltos sobre a boca da botella. Este efecto é debido a que, ao sacar a botella do conxelador, o aire que está no seu interior está a unha temperatura moi baixa, ao igual que a botella (aproximadamente a -15ºC). Ao colocar a moeda sobre a boca da botella, estamos tapándoa e impedindo que entre ou saia aire.
Cando pasan uns minutos, como a temperatura da habitación é máis alta (poñamos +20ºC), a botella comeza a quentarse e tamén o fai o aire do seu interior.
O aumento de temperatura do aire contido na botella supón tamén un aumento da súa presión, até que é suficientemente alta para facer saltar a moeda e deixar escapar un pouco de aire. E volta a comezar.
A moeda seguirá saltando a intervalos cada vez máis longos, mentres o aumento de temperatura do aire do interior provoque un aumento de presión suficiente para facela saltar.
VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN. VIDEOXOGO
O OBXECTIVO deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os estudantes de 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO dos colexios de Vigo descubran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua (toponimia e micro-toponimia).
DINÁMICA DO XOGO
O personaxe protagonista do xogo entra nunha máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón, aí comeza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas. A sucesión de épocas será en orde cronolóxica, dende a máis antiga até a máis actual: Megalítica, Bronce, Castrexa, Romanización, Idade Media, Pacega, Reconquista, Modernismo e Actualidade.
En cada época o/a xogador/a irá atravesando o escenario de esquerda a dereita e terá que resolver tres xogos intercalados con catro preguntas.
En cada época haberá unha pregunta especial. Serán preguntas que permiten “puntos extra” e que non afectan a xogabilidade (pódese avanzar no xogo sen contestalas). Estas preguntas formularanse ao final de cada época co obxecto de que o xogador poida resolvelas visitando algún lugar da cidade. Formularanse no último nivel do xogo, todas seguidas.
PODEDES XOGAR PINCHANDO NO TÍTULO DO POST OU NESTES ENDEREZOS
venres, 27 de setembro de 2013
BENVIDA
Ola a todas e todos! Hoxe comenzamos unha nova andaina no noso Cole, a publicación deste blog de Normalización e Dinamización da lingua galega que será realizado por alumnos e profesores. O blog nace coa idea de partillar experiencias, inquedanzas, amosar obras artísticas, relatos, poemas, debuxos, bandas deseñadas e todo aquelo que o alumnado queira partillar no tocante ao desenvolvemento da lingua de noso, páxinas de interese, vocabularios, traballos, experiencias do noso centro e doutros, todo aquelo que non cabe no blog e na web do centro,- ao que irá ligado o noso enderezo, para que os vosos pais e nais vexan e desfruten do voso traballo xornalístico, artístico e de investigación-. O blog e a web de Centro son lugares nos que o alumnado é o receptor do que o profesorado publica, neste blog o alumnado é o emisor, e poderá emitir todo aquelo que desexe e sexa publicable, cunha soa condición: FACELO EN LINGUA GALEGA! para promocionar o uso da lingua de noso.
Benvidas a todas e todos! DESPEGAMOS!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)