sábado, 22 de febreiro de 2014
INTEGRANDO O GALEGO
Cada día son máis as áreas do centro onde a lingua de noso vai gañando terreo coma lingua vehicular, temos un claro exemplo na cartelería que nos indica o que debemos e non debemos facer, e sobre todo, que nos invita a participar deste proxecto educativo e compartir as nosas aulas con todos aqueles e aquelas que se animen a se incorporar ao noso centro.
Vés connosco?
Pois Benvida/o! Contamos contigo!
GALERÍA
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/a8ykGSgsCx/corchos#/
venres, 21 de febreiro de 2014
ACTIVIDADES SOBRE O ENTROIDO

Entra neste enlace e infórmate e divírtete co Entroido vigués.
OUTROS RECURSOS
http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php.
A REGUEIFA
CARUNCHO E PINTO D´HERBÓN |
A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.


Este tipo de versos a varias voces poden escoitarse na Galiza, aínda que hai zonas máis ricas deste tipo de literatura popular, como pode ser o caso da costa da Morte. Así mesmo tamén se poden ouvir en Portugal, denominados cantares ao desafío, no Brasil e Colombia, chamados repentistas, e na Arxentina e no Uruguai hai un desafío entre payadores, mais a temática destes últimos é seria e máis poética.
GALERÍA FOTOGRÁFICA
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/OWGln5XEFM/regueifas%202014
VIDEO REGUEIFANDO
BAILE DA REGUEIFA
OS MERDEIROS NO NOSO COLE
Esta semana tivemos unha charla formativa sobre a figura do Merdeiro, persoaxe significativa e única do Entroido vigués. O alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu á charla, e ... así.... por arte de maxia, de supeto! apareceron no noso cole Os merdeiros.Olla o video que elaborou o profe Jorge sobre a conversión en Merdeiros dos nosos compañeiros de 1º e 2º da ESO.
http://blog.colegioesperanza.com/?cat=17
http://blog.colegioesperanza.com/?cat=17
OS MERDEIROS
O merdeiro é unha personaxe do entroido vigués de carácter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.
Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos. A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.
A súa existencia queda reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX, e tamén por estudosos do folclore coma Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo. No entroido de 2006 procurouse sentar a base teórica dun proxecto de recuperación desta figura, coa publicación dun libro sobre a súa figura e coa primeira saída á rúa dun grupo de merdeiros despois de máis de 80 anos.
domingo, 16 de febreiro de 2014
14 DE FEBREIRO: DÍA DO AMOR

XIANA PÉREZ QUIÑOA |
A gañadora do concurso foi Xiana Pérez Quiñoa de 3º de ESO, en 2º lugar Miguel Díaz Figueroa de 4º e o 3º para Desirée Troitiño de 2º de ESO. Foron agasallados o día 14, " Día dos namorados" con sendas caixas de bombóns, e para a gañadora ademáis un corazón representativo do noso agradecemento e afecto.
O xoves 13 pasamos unha hora lendo en voz alta, coa axuda de bos lectores e lectoras, no corredoiro da planta, onde estaban expostas as cartas de amor de tódolos participantes, e o día 14 pasamos unha xornada doce, pois houbo bombóns para tódolas participantes.
Grazas a todas e todos por participar!, e aquí vos deixo a galería de fotos, que xa sei que vos gosta moito vervos nelas.
Pouco a pouco irei publicando as cartas máis bonitas que participaron no concurso, empezando pola gañadora.
Apertiñas.
![]() |
XIANA PÉREZ QUIÑOA |
sábado, 8 de febreiro de 2014
DÍA DA PAZ EN SECUNDARIA

"cicloxénese", non o poidemos celebrar todo o cole xuntos, coma tódolos anos no patio, por tanto, fixémolo por seccións.
Secundaria preparou un traballo moi interesante. Coñecemos en profundidade a figura de Nelson Mandela, 1º da ESO realizaron carteis onde amosaron a vida desta figura tan salientable. 2º da ESO escolleron frases de persoeiros famosos que consideraron as mellores para falar de Paz. 3º realizou un traballo sobre o Premio Nobel e o porqué da súa concesión a Nelson Mandela e 4º fixo o Manifesto en prol da paz que tendes no post anterior.
Ademais 3º e 4º adicaron a semana a percorrer a vida deste home de paz a través de películas que relatan e amosan a súa vida e obra, entre elas a famosa " Invictus".
Durante o acto vimos un documental sobre a vida de Madiba, e rematamos o acto cantando todos xuntos a canción de Antonio Flores: " No dudaría".
Aquí vos deixo a galería fotográfica do acto que celebramos no aula de Música. Hai que destacar que o cartel que ilustra este post foi realizado por alumnas e alumnos de 4º de ESO e que presidiu toda a semana da Paz.
GALERÍA DE FOTOS
https://www.dropbox.com/sc/jvpsnu56q1wc7a3/4QWqznBgGB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)