domingo, 6 de outubro de 2013

EN DEFENSA DA LINGUA DE NOSO

Chámome Xiana, aínda que o meu nome non ten moita importancia para o que vos vou contar. 
Moitos poderíades dicir que, xa que son española, por que escribo en galego?
E eu respóndovos: por que non? Antes que española, son galega. Ata aquí quería eu chegar. 
Se lle preguntas a calquiera persoa de fóra de Galiza, seguro que non atoparás a ninguén que saiba falar galego. E nós? Por qué temos que falar o castelán en todos os lugares agás na clase de Lingua e Literatura galega? 
Acaso eles falan o noso idioma no colexio?
Non fan falta respostas a todo iso. 
Por iso, comenzo botando unha proposta: 
por que non falamos todos esta lingua tan fermosa e rica que temos herdado dos nosos avós, e que pola nosa culpa vai desaparecer se non facemos algo xa, e rápido?

Cando me pregunten de onde son, ei  responder: EU SON GALEGA, E A MOITA HONRA! 
E tí,  que respondes?

Xiana Pérez, 3º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario