venres, 16 de maio de 2014
FOTOS DA CHARLA E A OBRA DE RUTH LODEIRO
Pinchando no link podedes acceder ás fotografías tomadas onte na charla sobre o pintor Lodeiro, realizada pola súa filla Ruth.
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/AABl8eL9TReKvc3I_fxBe8-ma/CHARLA%20SOBRE%20LODEIRO
Aquí vos deixo algo da obra da propia Ruth, que tamén é artista. Fai arte con barro e poesía. Se queredes ver máis
mércores, 14 de maio de 2014
XOSÉ LODEIRO
Onte visitounos Ruth Lodeiro, a filla do insigne pintor vigués, e fíxonos unha achega á obra do seu pai. Aquí vos deixo parte da obra que vimos e a a opinión que o autor tiña sobre a mesma.
Proximamente colgarei as fotos da charla.
Propiedade intelectual do amosado neste post:
Fotografía de portada:© lavozdegalicia.es
Fotografías de cadros: Autorización para reproducción: ©Familia Lodeiro
A cor non foi escollida pola súa eficacia, xurdiu do proceso
de proba, e quizais de erro, como o mellor valor para que a superficie pintada
fose sólida e vacua. Vexamos a rexia danza de conversión dos seus círculos,
triángulos e cadrados nunha luz agresiva.
Pero necesitan a boa vontade que os acepte nas súas propias
condicións como totalidades. Pola contra, convértense en cadros vermellos, verdes ou azuis plenamente visibles, e quizais a vós nin sequera vos gusten
esas cores. Pero eu non sento, ata agora, o menor desexo de cambiar de cor. Os
meus vermellos danme o espazo dun cadrado, o plano dun espazo mundial.
Creo que os meus cadros son belos, solitarios e serios.
Xosé Lodeiro
FILME: O APÓSTOLO"
O sábado 7 de xuño vaise proxectar o filme "O
Apóstolo" no Auditorio Municipal.
A proxección está aberta a todo o público (a partir de 10
anos).
Tráiler película 'O APOSTOLO' http://oapostolo.com/pelicula/trailer/
Estes son os enlaces ao traballo que está a facer TRIBU2.O,
no blog pódese ver o traballo que se está a facer xa nalgúns centros
educativos:
enlace do exemplo
do traballo que están a facer nos colexios, este é o que fixeron sobre a
película no Luis Vives de Ourense https://sites.google.com/site/petodasanimas/
mércores, 7 de maio de 2014
xoves, 1 de maio de 2014
CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL
CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL
SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H
A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.
Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión, o interpreta unha nena, ou un grupo equitativo de rapaces e rapazas.
A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h
No arquivo adxunto pódese obter información sobre as 5 películas que se proxectaran neste ciclo.
A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.
Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.

PROGRAMA DESTE MES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)