A pasada semana os de 3º e 4º de ESO asistimos a un interesante obradoiro que nos achegou ao coñecemento da lingua portuguesa con Loaira Martínez Rey,
pero o máis importante, demostrounos que co galego imos a todas partes, que somos uns afortunados por termos esta lingua de noso que nos abre portas moi grandes para o noso futuro, despois de tanto dicir ou ouvir: " para que sirve o galego?, démonos conta de que o galego é a lingua que nos premite adentrarnos na lusofonia, e que nos axuda a entrar en contacto cos países emerxentes, como Brasil.
Ops! é un obradoiro para lle mostrar ao alumnado dos centros de ensino de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional que o galego é:
- Unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués
- A nosa vantaxe competitiva no cadro español e europeo
A Concellaría de Normalización Lingüística achega esta actividade aos centros de ensino para compartirmos esta vantaxe que posuímos as e os galegofalantes, mais tamén coñecedora de que a maioría do noso estudantado apenas ten contacto coa lingua e cultura portuguesas.
Descoñecemos, non valoramos a lingua que temos máis preto, a lingua compartida, e lingua que é hoxe en día a sexta máis falada no mundo; oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.
A lingua galega ten no portugués unha ferramenta para afianzarse, valorarse e así... normalizarse. Sabendo galego, achegámonos aos falantes de portugués, a novos
mercados, posibilidades, intercambios, cultura... Temos, pois, moito que gañar.Enlace á Unidade didáctica.
https://sites.google.com/site/unidadeops/
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/unidades/
MÁIS ACTIVIDADES E PÁXINA WEB
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/materiais/CO
Ningún comentario:
Publicar un comentario