En novembro ten lugar en Galiza o magosto . Sempre se puido celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún curruncho da aldea, pero o seu lugar orixinario foi no monte.
Os celtas non tiñan templos no senso latino da palabra templum. Celebraban as súas festas e as súas ceremonias rituais nun descampado da fraga. Por unha razón ou por outra, a fraga e o templo eran para os celtas nocións semellantes e intercambiables. Di Vicente Risco que os galegos non teñen templo senón natureza.
En Galiza celebrábano no atrio da igrexa ou na encrucillada da aldea ou ó pé do cruceiro.
Na nosa era celébrase en calquera lugar que un queira, pero ó redor dunha raíña chamada castaña e acompañada dun príncipe nomeado zume de uva. Por mor deles a humanidade galega, á semellanza dos celtas, xúntase en comunidade para esquecer os agravios e compartir as cousas dos humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario