mércores, 23 de abril de 2014

PROXECTO VIGO LITERARIO


 Vigo tivo e ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio. Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne,  Ernest Heminway, Fialho de Almeida que narraron Vigo.

O proxecto Vigo e Literatura mostra Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Un proxecto destas características fai visíbel a obra de autores e autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de comunicación social. Este proxecto serve, tamén, para dar a coñecer a propia cidade e a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.

O obradoiro incluiu unha breve introdución centrada na presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española, portuguesa, inglesa. Tratáronse cuestións como a evolución urbana e social da cidade, como nos ollan desde fóra.
Houbo unha outra parte do obradoiro cunha dinámica participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, tratouse de que o alumnado fora quen dos identificar sobre cartografía e imaxes da cidade. Utilizáronse ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos, como Ikimap.

GALERÍA DE FOTOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario