domingo, 13 de abril de 2014

CONCURSO " GÚSTAME O GALEGO"

Aquí vos deixo os enlaces para que poidades ver cómo participar en tódalas etapas. Animádevos!!!!!

http://cedlgdevigoebisbarra.blogspot.com.es/2014/04/concurso-gustame-o-galego.html

http://cedlgdevigoebisbarra.blogspot.com.es/2014/04/gustame-o-galego-infantil-e-primaria.html

http://cedlgdevigoebisbarra.blogspot.com.es/2014/04/gustame-o-galego-eso-bacharelato-e-fp.html

OS LEMAS
Gústame soñarte en galego
Gústame ter a lingua en forma
Gústame ter un punto... gal
Gústame troulear en galego
Gústame xogar en galego
Gústame o galego de primeira
Gústame o noso aniversario en galego (90 anos!)
Gústame que o vestiario fale galego
Gústame como Balaídos roxe en galego
Gústame que o galego teña unha boa canteira
Gústame cantar A Rianxeira
Gústame escoitar o galego do Ala Celta...
Gústame que a vitoria fale galego
Gústame ser seareir@
Gústame o galego nas comparecencias de prensa
Gústame a billarda, a chave, os bolos celtas... o deporte tradicional e
en galego
Gústame que non lle metan goles ao galego
Gústame alentar o Celta con afouteza e corazón
Gústame animar dicindo: Imos Celta! Forza Celta!
Gústame que a canteira teña presenza para que o fútbol de primeira
fale galego
Gústame ver un equipo de primeira apoiando un idioma de primeira
Gústame sacar o galego do curruncho
Gústame o fútbol galego e en galego
Gústame escoitar e cantar a Rianxeira en primeira división!
os lemas...
Gústame o galego
Gústame a miña lingua aquí e polo mundo adiante
Gústame a miña lingua na túa boca
Gústame botar a lingua de fóra
Gústame libre e en galego
Gústame namorarte en galego
Gústame o galego ata no carné de identidade
Gústame o galego, porque te fai sexi, chic e cool
Gústame o galego, porque si, porque me peta e quero e dáme a gana
Gústame o rap, o rock, a muiñeira ou o reguetón en galego
Gústame o seseo (e a gheada, e o rotacismo...)
Gústame poder entenderme en galego con máis de 200 millóns de persoas
Gústame que @s bonec@s falen galego
Gústame que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego!
Gústame que che guste a miña lingua :-P
Gústame que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño
Gústame que me atendan en galego
Gústame que me digan “qrt m8” ;-)
Gústame que me entren en galego ;-)
Gústame que non me traduzan o café con leite
Gústame que non nos coma a lingua o gato
Gústame que o falar non teña cancelas
Gústame que o leite poña que é galego 100%
Gústame que os nosos nomes sexan propios
Gústame que se faga xustiza co galego
Gústame soñar en galego e espertar cun "bo día"

Ningún comentario:

Publicar un comentario