O merdeiro é unha personaxe do entroido vigués de carácter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.
Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos. A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.
A súa existencia queda reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX, e tamén por estudosos do folclore coma Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo. No entroido de 2006 procurouse sentar a base teórica dun proxecto de recuperación desta figura, coa publicación dun libro sobre a súa figura e coa primeira saída á rúa dun grupo de merdeiros despois de máis de 80 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario