O OBXECTIVO deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os estudantes de 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO dos colexios de Vigo descubran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua (toponimia e micro-toponimia).
DINÁMICA DO XOGO
O personaxe protagonista do xogo entra nunha máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón, aí comeza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas. A sucesión de épocas será en orde cronolóxica, dende a máis antiga até a máis actual: Megalítica, Bronce, Castrexa, Romanización, Idade Media, Pacega, Reconquista, Modernismo e Actualidade.
En cada época o/a xogador/a irá atravesando o escenario de esquerda a dereita e terá que resolver tres xogos intercalados con catro preguntas.
En cada época haberá unha pregunta especial. Serán preguntas que permiten “puntos extra” e que non afectan a xogabilidade (pódese avanzar no xogo sen contestalas). Estas preguntas formularanse ao final de cada época co obxecto de que o xogador poida resolvelas visitando algún lugar da cidade. Formularanse no último nivel do xogo, todas seguidas.
PODEDES XOGAR PINCHANDO NO TÍTULO DO POST OU NESTES ENDEREZOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario