venres, 27 de setembro de 2013

BENVIDA

Ola a todas e todos! Hoxe comenzamos unha nova andaina no noso Cole, a publicación deste blog de Normalización e Dinamización da lingua galega que será realizado por alumnos e profesores. O blog nace coa idea de partillar experiencias, inquedanzas, amosar obras artísticas, relatos, poemas, debuxos, bandas deseñadas e todo aquelo que o alumnado queira partillar no tocante ao desenvolvemento da lingua de noso, páxinas de interese, vocabularios,  traballos, experiencias do noso centro e doutros, todo aquelo que non cabe no blog e na web do centro,- ao que irá ligado o noso enderezo, para que os vosos pais e nais vexan e desfruten do voso traballo xornalístico, artístico e de investigación-. O blog e a web de Centro son lugares nos que o alumnado é o receptor do que o profesorado publica, neste blog o alumnado é o emisor, e poderá emitir todo aquelo que desexe e sexa publicable, cunha soa condición: FACELO EN LINGUA GALEGA! para promocionar o uso da lingua de noso.
Benvidas a todas e todos! DESPEGAMOS!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario