venres, 13 de xuño de 2014

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DA ESO

O alumnado e profesorado de Secundaria pasamos un día fantástico, mais envolvidos nunha calor sofocante, visitando lugares marabillosos cunhas vistas preciosas e unha información de interese xeral, coma sempre, as nosas saídas son lúdico-formativas, pois a finalidade é dar a coñecer a cultura de noso e lugares significativos da nosa historia dun xeito distendido e divertido. A sensación coa que volvemos é moi positiva, como denotan as cantigas e risas da volta no autobús.

SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL

HISTORIA
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil é un vello mosteiro beneditino de tres claustros situado en Nogueira de RamuínProvincia de Ourense, rehabilitado como establecemento hoteleiro pola Xunta de Galicia e cedido a Paradores de Turismo de España. Está considerado un ben de interese cultural.
As orixes remóntanse á neboenta época do eremitismo cristián do período do Reino Suevo impulsada por Martiño de Dumioque tivo na Ribeira Sacra un enclave privilexiado. Porén non será ata o 921 cando se teña a primeira testemuña documental; trátase dunha autorización do rei de Galicia Ordoño II ao abade Franquila para a reconstrución dun moi antigo cenobio adicado ao primeiro mártir do cristianismoSanto Estevo.
Cando a regra de Bieito de Nursia comezou a espallarse, avanzado o século X, por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do Reino de Galicia tras o pulo dado ao monacato por Aldara de Celanova e o seu filloRosendo de Celanova. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña Goto trala morte do seu home o rei de Galicia Sancho Ordóñez. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dioceses de Coímbra,OurenseIria e Astorga. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de peregrinación.
O rei de Galicia e León Afonso IX dotouno dun amplo couto xurisdicional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades (mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Silmosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas.
As medidas políticas dos Reis Católicos, co sometemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fose integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da Idade media (revolución irmandiña, descabezamento da nobreza galega, implantación da Santa Irmandade e da Real Audiencia do Reino de Galicia, amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo renacentista e barroco. A chegada do abade de San Martiño Pinario e de Frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a reforma beneditina nos mosteiros desta orde no Reino de Galicia, impulsaron as obras de reforma sobre a estrutura medieval.
desamortización acabaría co esplendor deste mosteiro. 
ARQUITECTURA
A Igrexa é románica e protogótica. A actual encetouse en 1183 e consta de tres naves e unha tripla ábsida semicircular. As tres naves están cubertas por bóvedas de crucería. A ábsida central presenta a peculiaridade de ser máis baixa que as laterais. A fachada é simple e dunha época posterior (século XVIII), presidida por unha imaxe de Santo Estevo e enmarcadas por sendas torres piramidais e balcóns corridos. No interior o retablo de catro corpos é obra de Juán de Angés. Salienta un retablo en pedra medieval onde se representa a Xesucristo cos doce apóstolos.
claustro procesional ou dos Bispos presenta arcos de medio punto románicos na planta baixa e arcos carpaneis renacentistas na superior, coroada por unha obra de tracería típica dun gótico florido tardío. Sosteñen a estrutura contrafortes de sección prismática. No século XVI substitúese a cuberta de madeira por bóvedas de crucería estrelada.
O claustro da Portería, de grandes dimensións e con alas distribuídas en tres corpos, e un terceiro claustro, de dous corpos, teñen influencia herreriana da man de Diego de Isla con arcos de medio punto.
A cociña é de planta cadrada e está cuberta por bóvedas de crucería encol de arcos de medio punto.

San Pedro de Rocas (Esgos, Galiza).jpg
SAN PEDRO DE ROCHAS

mosteiro de San Pedro de Rochas foi un convento situado na parroquia de Rocas, no concello de Esgos. É o mosteiro máis antigo de Galiza, amais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva. Está declarado Ben de Interese Cultural.
HISTORIA
A súa orixe remóntase ao século VI, do que dá testemuña unha lápida do ano 573 cunha inscrición na que figuran os nomes dalgúns dos monxes fundadores (Hereditas, N... Eufraxi, Eusani, Quinedi, Eeaci, Flavi, Ruve) referíndose a eles coma "os herdeiros" o que induce a pensar que o mosteiro fora construído con anterioridade. Esta lápida supón, ademais, unha proba da existencia de vida cenobítica en Galiza anterior aos mosteiros mozárabes e aos fundados por San Froitoso[Cómpre referencia].
Este primitivo mosteiro quedou deserto coas invasións musulmás ata que, a finais do século IX, un cabaleiro chamado Gemondus descobre este lugar durante unha xornada de caza cando perseguía a un xabaril e se retira para facer vida de oración e penitencia, ao que se lle unen outros cabaleiros creándose unha pequena comunidade baixo a súa autoridade como abade deste mosteiro.
San Pedro de Rocas é moi favorecido por Afonso III o Magno, que dota a este cenobio de grandes doazóns (confirmadas por Afonso V o Nobre e ás que seguiron as doutros reis como Afonso VIIFernando IV e Henrique III) e instaura nel a regra beneditina.
Durante séculos San Pedro de Rocas para por diversas dependencias, vinculado en ocasións ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e aparecendo noutros momentos os priores como autónomos, ata que no século XV o priorado de San Pedro de Rocas queda unido ao mosteiro de Celanova definitivamente. Traladesamortización o antigo mosteiro convértese en parroquia.
Sufriu varios incendios, o primeiro no século XI sendo o seu abade Aloito, outro no ano 1641, que destruíu o edificio conventual, dando lugar na súa reconstrución ao actual e o último, que produciu o seu abandono, a principios do século XX.
O 20 de setembro de 1923 foi declarado Monumento Histórico-Artístico.
ARQUITECTURA
O templo actual é un edificio de construción robusta, do século XVII. Entre este e a fachada da igrexa románica atopamos varios sepulcros antropomorfos escavados no chan, onde se supón que se atopaba o claustro monacal e o camposanto. O que máis chama a atención do exterior e dá nome ao lugar é uncampanario, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, construído sobre unha pena duns 14 metros de altura e tallada cunha escalinata na parte posterior que permite subir a el. Nesta mesma pena está escavado un arco que dá paso a un espazo rectangular pechado por un muro e empregado ata hai pouco como cemiterio parroquial.
Da igrexa só quedan as paredes, foi construída utilizando como un dos muros o paramento das tres capelas trogloditas, que aparecen abertas na rocha da vertente do monte, como se fosen construídas para refuxio e templo dos eremitas que alí iniciaron a vida de retiro, e comunicadas entre si por arcos decorados porcolumnas adosadas e capiteis labrados na mesma rocha. Os arcos de entrada a estas capelas teñen columnas adosadas con nácelas, bezantes e capiteis labrados tamén na rocha en que están abertas as capelas. As capelas están cubertas con bóvedas de canón, que é a forma dada á rocha na súa parte superior.
A capela central, de maiores dimensións, ten unha abertura circular, como falsa cúpula con lanterna, que chega ata o cumio da montaña, recibindo por ela a luz do día. Aínda se conservan os altares primitivos en forma de mesas. A bóveda desta nave sufriu un reforzamento no século XVI por medio dun arco.
No muro da capela da esquerda, atopamos un oco no que se cre que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus. Nel atopouse unha pintura mural ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que amosa imaxes dos apóstolos e un mapamundi. Na nave da dereita hai dous sepulcros que as lendas asignan a Gondamáriz e Oveco Seixas, mortos en combate contra Bermudo II.
O chan está tallado con sepulcros antropomórficos, incluso algún de reducido tamaño que debeu pertencer a un cativo. No interior do templo soterrábanse os nobres e os abades e no exterior os persoeiros de menor categoría. Son a testemuña arqueolóxica dunha antigüidade impresa nas capelas hipoxeas, reliquia única da vida eremítica existente en Galiza no século VI. A isto cabe unir a orixinalidade da grande rocha empregada como campanario, en medio do amplo val.

Castelo de Castro Caldelas.JPGCASTELO DE CASTROCALDELAS  
castelo de Castro Caldelas é unha fortaleza mixta (pazo e castelo) medieval situada no cumio de Cima de Vila (Castro Caldelas), sendo o seu monumento máis emblemático; pertenceu á casa de Lemos.
HISTORIA
Non se conserva documentación sobre a construción da fortaleza. En 1336 o castelo foi reconstruído por Pedro Fernández de Castro para dominar os seus novos dominios regalados polo rei Afonso XI. En agosto de 1469, durante a gran guerra irmandiña, as tropas ó mando de Diego de Lemos asediaron e derrubaron o castelo. Unha vez derrotados e represariados os irmandiños, e logo de pacificar a zona, foi mandado reconstruír de novo por Pedro Álvarez Osorio, coa man de obra gratuíta dos vasalos obrigados. A veciñanza presentou un preito pola forte suba de impostos, fallando a favor do pobo a Real Audiencia de Valladolid 167 anos despois.
En 1560 remátase a reconstrución do castelo, segundo consta na inscrición da porta das carruaxes. A restauración fíxose á moda renacentista, e incluíuse un pazo no interior do castelo. Por un lado é un edificio militar e por outro un edificio para vivenda.
En 1794 o señorío de Lemos incorporouse por vía matrimonial á casa de Alba. O castelo estivo habitado até o século XIX por Sol Stuart, parente dos Duques de Alba.
Logo da invasión da península Ibérica por parte das tropas napoleónicas, en 1809 o xeneral Marchand ó mando do 15º Rexemento da súa división, prendeulle lume á vila e ó castelo en represalia polo ataque sufrido polos guerrilleiros da zona, perdéndose no incendio moitos papeis. Este foi o último acontecemento violento que sufre o castelo.
En 1991 a casa de Alba cedeu o castelo ó concello de Castro Caldelas con fins culturais. O 17 de novembro de 1994 foi nomeado ben de interese cultural.
ARQUITECTURA
A fortaleza ten planta de polígono irregular adaptado ó terreo sobre o que se asenta. Da construción orixinal consérvanse as murallas, tres torres, a casa do administrador e o patio de armas cun alxibe, pero non o foxo que en tempos debeu rodear o recinto.
Torre da homenaxe.
A porta principal atópase decorada cos escudos dos seus donos: un león rampante e un castelo, armas dos Enríquez, os seis roeles amosan aos Castro e dous lobos símbolos dos Osorio.
O amplo patio de armas está flanqueado por catro sectores de torres, símbolo dos condes de Lemos, propietarios orixinais. No edificio poden verse murallas, troneiras, matacáns e barbacanas, así como varios gravados coas armas dos Castro, os Osorio, os Enríquez e a tau.
Desde o patio de armas accédese ás distintas dependencias. Enriba e a ambos os dous lados do patio atópase a zona residencial tipo pazo, cos seus corredores abalconados que albergan a biblioteca, o museo etnográfico e outros servizos. Ó fondo, e centrado no patio, hai un enorme brocal de pozo e ó lado restos do antigo forno.
No primeiro piso do pazo atópanse as salas adicadas ós estudos arquitectónicos da comarca, nas que poden verse gráficos e explicacións con gran detalle sobre a construción de mosteiros, fornos, vivendas etc. Na torre do Reloxo, do que se conserva en funcionamento a antiga maquinaria, hai algunhas pezas etnográficas e unhas panorámicas desde as ventás con faladoiros. Desde o pazo pódese pasar ó adarba, ou paseo da muralla desde onde se pode contemplar toda a distribución do conxunto, o esquema construtivo das murallas, troneiras, matacáns e barbacanas e as vistas da vila e o seu contorno.
No patio sur pódense apreciar restos de torreóns, un reloxo de sol, outros restos arqueolóxicos e a torre do homenaxe. A muralla exterior ten adosadas tres torres cadradas, unha delas cuberta con bóveda, os seus muros son de gran anchura para resistir os proxectís (xa que foron reconstruídas no S.XIV). Nunha das torres atópase a porta traseira do castelo, de entrada para as carruaxes.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario