mércores, 14 de maio de 2014

XOSÉ LODEIRO



Onte visitounos Ruth Lodeiro, a filla do insigne pintor vigués, e fíxonos unha achega á obra do seu pai. Aquí vos deixo parte da obra que vimos e a a opinión que o autor tiña sobre a mesma.
Proximamente colgarei as fotos da charla.
Propiedade intelectual do amosado neste post:
Fotografía de portada:© lavozdegalicia.es
Fotografías de cadros: Autorización para reproducción: ©Familia Lodeiro


A cor non foi escollida pola súa eficacia, xurdiu do proceso de proba, e quizais de erro, como o mellor valor para que a superficie pintada fose sólida e vacua. Vexamos a rexia danza de conversión dos seus círculos, triángulos e cadrados nunha luz agresiva.
Pero necesitan a boa vontade que os acepte nas súas propias condicións como totalidades. Pola contra, convértense en cadros vermellos, verdes ou azuis plenamente visibles, e quizais a vós nin sequera vos gusten esas cores. Pero eu non sento, ata agora, o menor desexo de cambiar de cor. Os meus vermellos danme o espazo dun cadrado, o plano dun espazo mundial.

Creo que os meus cadros son belos, solitarios e serios.

Xosé Lodeiro



















Ningún comentario:

Publicar un comentario