luns, 31 de marzo de 2014

ACTIVIDADES NORMALIZACIÓN MARZO: DECORADO DE PANEIS EN INFANTIL E PRIMARIA







ACTIVIDADES DE NORMALIZACIÓN MARZO: CERTAME DE REGUEIFA

Asistimos, coma os derradeiros anos a Valadares ao certame de Regueifa, e a nosa compañeira Nerea de 4º quedou coma unha das 4 gañadoras. Parabéns Nerea!





ACTIVIDADES DE NORMALIZACIÓN MARZO : A RELEVANCIA DE VIGO NO REXURDIMENTO

Neste enlace podedes ver as fotos das actividades que realizamos durante o mes de marzo
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/BQ-4BqiEr3/Normalizaci%C3%B3n%20Marzo

A primeira unha charla de Xurxo Martínez  titulada " A relevancia de Vigo no Rexurdimento

O obxectivo desta actividade-charla é que o alumnado coñeza e saiba valorar a importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.

Para isto, e mediante esta charla apoiada en vídeos, imaxes e música, procuraremos indicar lugares exactos da actual cidade que foron protagonistas naquel entón e así facilitar a relación do alumnado coa realidade urbana e a súa historia.





domingo, 2 de marzo de 2014

ANIMACIÓN Á LECTURA EN SECUNDARIA

Esta semana tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás http://www.raquelqueizas.com/index.htm, co seu espectáculo : " Caso pechado" http://www.urdime.net/#!caso-pechado/c1n4b

Pasamos dúas horas moi agradables escoitando sendas historias de misterio e terror, " A almofada de pluma" de Horacio Quiroga
 http://acervo.revistabula.com/posts/traducao/horacio-quiroga-a-almofada-de-penas

e " A pata de mono" http://www.letrasperdidas.galeon.com/consagrados/c_jacobs01.htm

Vivimos momentos de tensión, de medo, moi divertidos, fixemos de detectives... O día chuvioso acompañaba a escoita de semellantes relatos, escenificamos e participamos de xeito que nos animamos a ler e actuar.







GALERÍA DE FOTOS

https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/QwjCGu8OQL/Raquel%20Queiz%C3%A1s

A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Durante esta semana estivemos a cumprir as ordes do Meco, ao final da semana Infantil e Primaria fixeron unha festaza que anuncia o fin do tempo de risas e trae consigo o recollemento da Coresma, mais mentres chega, que lle dean e pasámolo pipa antes dos exames e coas troulas, esmorgas, e disfraces.
Feliz ENTROIDO!!!!!!!!


ENLACES: http://blog.colegioesperanza.com/?cat=17
http://blog.colegioesperanza.com/?cat=4

ADIÓS RÍOS....
























POEMA VISUAL: ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

O día 24, co gallo de clebrármonos o " Día de Rosalía" o alumnado de 3º de ESO realizou un poema visual co texto de Rosalía de Castro:


Adiós, ríos; adiós fontes; 
adiós, regatos pequenos; 
adiós, vista dos meus ollos, 
non sei cando nos veremos. 

Miña terra, miña terra, 
terra donde me eu criey, 
hortiña que quero tanto 
figueiriñas que prantey, 

prados, ríos, arboredas, 
pinares que move o vento, 
paxariños piadores, 
casiña do meu contento, 

muíño dos castañares, 
noites craras de luar, 
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar, 


amoriñas das silveiras 
que eu lle daba ó meu amor, 
camiñiños antre o millo, 
¡adiós, para sempre adiós! 

¡Adiós groria! ¡adiós contento! 
¡Deixo a casa onde nacín, 
deixo a aldea que conoço 
por un mundo que non vin! 

Deixo amigos por estraños, 
deixo a veiga polo mar, 
deixo, en fin, canto ben quero... 
¡Quén pudera non deixar...! 

Adiós, adiós, que me vou, 
herbiñas do camposanto, 
donde meu pay se enterróu, 

herbiñas que biquey tanto, 
terriña que nos crióu. 

Xa se oyen lonxe, moy lonxe, 
as campanas do Pomar ; 
para min, ¡ay !, coitadiño, 
nunca máis han de tocar. 

Xa se oyen lonxe, máis lonxe... 
Cada balada é un dolor ; 
voume soyo, sin arrimo... 
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!. 

¡Adiós tamén, queridiña...! 
¡Adiós por sempre quizáis...! 

Dígoche este adiós chorando 
dende a beiriña do mar. 

Non me olvides, queridiña, 
si morro de soidás... 
Tantas légoas mar adentro... 
¡Miña casiña! ¡meu lar!

CARTELERÍA EN GALEGO

Parte do Plan de Normalización Lingüística do Centro, consiste no desenvolvemento da cartelería na lingua de noso, O Plan de Fomento de uso do Galego, lévase a cabo a través do traballo do ENDL e a colaboración inestimable da Secretaria do centro. Aquí tendes unha mostra.