venres, 25 de outubro de 2013

CIENCIA EN GALEGO: O VOLCÁN


Continuamos coas fichas de experimentos do programa " Ciencia en galego" que temos expostos nos taboeiros de Secundaria.

Hoxe experimentamos co Volcán.

Un volcán é unha fenda na cortiza terrestre que está en contacto cunha zona magmática e que baixo certas
condicións permite a saída de materias fluídas ou sólidas a alta temperatura (a lava). Existen dous tipos
de lava, unha máis fluída e polo tanto máis destrutiva e outra máis viscosa de avance máis lento. Todas as
persoas coñecemos os efectos destrutivos dunha erupción volcánica, mais tamén é un espectáculo moi
atrainte.


QUE NECESITAMOS?
-Unha botella de plástico de 33ml
-Vinagre
-Bicarbonato de sodio
-Pementón
-Fariña
-Auga

QUE IMOS FACER?

Énchese a botella con auga até aproximadamente un terzo do seu volume e sobre esta engadimos vinagre até
completar algo máis dos dous terzos da botella. Sobre esta disolución botamos unha cullerada de pementón que dará cor vermella á “lava”. Agora colocamos a botella no interior do volcán, de tal modo que ao ter lugar a reacción química a “lava” xerada suba polo colo da botella e esvare polas paredes do volcán.
Para que se produza a dita reacción engade polo boca do volcán un par de culleradas de bicarbonato de sodio. Ao entrar en contacto este sólido co ácido acético que contén o vinagre ten lugar o seguinte proceso onde se xera dióxido de carbono (gas) que empurra a “lava” cara ao exterior.
VINAGRE+BICARBONATO SÓDICO → DIÓXIDO DE CARBONO+AUGA+ACETATO DE SODIO



COMPLETA O EXPERIMENTO


Se engades fariña á botella que contén o vinagre conseguirás que a “lava” teña un aspecto máis espumoso,
sendo máis espesa.

Pódense construír volcáns moi diferentes empregando pasta de papel que unha vez seca se recubre cunha pintura plástica capaz de soportar a “lava” que non é máis que unha disolución acuosa (de auga). Ademais podes usar como boca do volcán o tapón da botella perforado; xa que así consegues que o peche do lugar onde vai ter a reacción (botella) sexa hermético e que a “lava” teña un único camiño de avance.



O SAMAÍN E A SÚA HISTORIA

A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.


 Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.

O Samaín en Galicia

A partir da década de 1990, comezou a celebrarse en Galicia o samaín, mantendo a denominación celta nas súas variantes samain, samaín ou samhain, do gaélico irlandés nas súas versións moderna (Samhain) ou antiga (samain). Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais (p.ex. cancións) e festivas (festas escolares ou sociais) relacionadas con esa data, tendo desprazado de maneira importante ao termo Halloween. A escrita máis común na actualidade é samaín, aínda que o acento e mais a acentuación aguda non forman parte da palabra orixinal irlandesa nin se corresponden cunha adaptación fonética.
A pronuncia que máis se estendeu en galego non é a da lingua de orixe, senón /sama'in/. Se se opta pola pronuncia en irlandés moderno sería /ˈsˠaunʲ/ (adaptado á escrita galega sería aproximadamente xaun), e se optamos polo irlandés antigo, /ˈsaṽɨnʲ/ (en escrita galega, aproximadamente xauen ou xauin). O Magosto ou Magusto é probablemente o herdeiro directo en Galicia destas festividades célticas.

Recuperación

O profesor Rafael López Loureiro é o principal defensor da tese da galeguidade do samaín. Para el, o costume sobreviviu en Galicia ata épocas relativamente recentes (polo menos ata hai uns 30 anos) en que esmoreceu para converterse, unicamente, nunha celebración do día de Defuntos. López Loureiro realizou un estudo no que recolle testemuñas e referencias documentais desta tradición e creou unha unidade didáctica que utilizou nos colexios de Cedeira e, pouco despois, de Santiago.
Segundo este investigador, a tradición esténdese por toda a antiga xeografía céltica europea. En España, está presente en localidades rurais de Asturias, Aragón, Cantabria, Castela e León ou Madrid. Respecto a Galicia, López Loureiro afirma que "atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes".
Comprobou que se mantiña vivo en Cáceres, na zona de fala galega, así como nas áreas galegofalantes de León e Zamora.
Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a persistencia do samaín en Galicia, e escribe que "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".
Estas cabazas iluminadas colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas, para asustar os camiñantes.
Nalgunhas localidades galegas empregábanse nabos no canto de cabazas, o refrán di:
  • Polo tempo de tódolos Santos (1° de novembro) mira os nabos; se fosen bos, di que son malos.

Impostura

Outros autores, como Méndez Ferrín defenden, polo contrario, que se trata dunha falsa tradición, inexistente en Galicia ata esta recuperación, un "costume imposto polo imperialismo norteamericano", que se quere presentar como tradición céltica galega como froito dunha corrente ideolóxica celtista.
Outras opinións contrarias destacan o feito de que a celebración do samaín non foi recollida por ningures, e a realidade é que nas publicacións dos diferentes etnógrafos, como Risco, González Reboredo ou Mariño Ferro, non aparece mención algunha ó samaín. Na web Galicia Encantada, a única referencia ó samaín é a cita do libro publicado por López LoureiroPorén, o propio López Loureiro dicía que "Non me chama tanto a atención o feito de que hoxe os nenos xa estean a celebrar o Samaín en todo o país, como que se recupere, incluso, ata o nome, do que xa só había referencias escritas en textos moi contados, como aquel no que don Ramón Otero Pedrayo falaba das fadas e dos defuntos que no tempo do Samaín, en Irlanda, bebían nas fontes do esquecemento".
O termo samaín tampouco foi recollido por ningún dos lexicógrafos que conforman o Dicionario de dicionarios, que agrupa 25 dicionarios e vocabularios galegos, editados ou non, creados entre 1787 e 1992.
Sexa como for, o samaín xa non está presente só en Cedeira. Ano tras ano outras localidades galegas únense a esta celebración que hoxe se pode ver en Cambados, Ferrol, Lugo, Narón, Palmeira, Ourense, nas Rías Baixas, Santiago de Compostela ou Vigo.
O samaín formou parte da candidatura á declaración da UNESCO do patrimonio inmaterial galego-portugués na candidatura multinacional "As tradicións orais galego-portuguesas"

PREPARANDO O SAMAÍN

Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º de ESO, ao igual que as compañeiras e compañeiros de E. Infantil e Primaria, escomezaron a decorar os corredoiros da ESO, o luns continuarán os de 4º. A profe Cris de E. Infantil de 3 anos, ensinounos a facer con bolsas de basura estas impresionantes teas de araña e nós engadimos a perfomance de arañas asustadas e morcegos!


Xa vos ensinaremos como nos queda e as fotos do remate coa festa dos cabazos. Agora deixámosvos fotos do primeiro día de decoración. Que ben o pasamos, igualiño que os cativos!!!!





OPS! O PORTUGUÉS SIMPLÉS

A pasada semana os de 3º e 4º de ESO asistimos a un interesante obradoiro que nos achegou ao coñecemento da lingua portuguesa con Loaira Martínez Rey,
pero o máis importante, demostrounos que co galego imos a todas partes, que somos uns afortunados por termos esta lingua de noso que nos abre portas moi grandes para o noso futuro, despois de tanto dicir ou ouvir: " para que sirve o galego?, démonos conta de que o galego é a lingua que nos premite adentrarnos na lusofonia, e que nos axuda a entrar en contacto cos países emerxentes, como Brasil.
Ops! é un obradoiro para lle mostrar ao alumnado dos centros de ensino de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional que o galego é:
- Unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués
- A nosa vantaxe competitiva no cadro español e europeo
A Concellaría de Normalización Lingüística achega esta actividade aos centros de ensino para compartirmos esta vantaxe que posuímos as e os galegofalantes, mais tamén coñecedora de que a maioría do noso estudantado apenas ten contacto coa lingua e cultura portuguesas.
Descoñecemos, non valoramos a lingua que temos máis preto, a lingua compartida, e lingua que é hoxe en día a sexta máis falada no mundo; oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.
A lingua galega ten no portugués unha ferramenta para afianzarse, valorarse e así... normalizarse. Sabendo galego, achegámonos aos falantes de portugués, a novos
mercados, posibilidades, intercambios, cultura... Temos, pois, moito que gañar.


Enlace á Unidade didáctica.
https://sites.google.com/site/unidadeops/
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/unidades/

MÁIS ACTIVIDADES E PÁXINA WEB
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/materiais/CO

AO FÍO DOS LIBROS. A HISTORIA DAS EDITORIAIS EN VIGO.

O pasado Martes asistimos a unha interesantísima charla impartida por Xurxo González, Licenciado e estudante da Universidade de Vigo sobre a historia das editoriais viguesas e o seu papel relevante na promoción da lectura en  lingua galega.
Con esta conferencia amosounos, de maneira pedagóxica e dinámica, a relevancia da vida editorial en Vigo que, malia o que se adoita pensar, ten unha rica e vizosa tradición comezada no século XIX. Paseamos pola cidade de Vigo en distintos tramos temporais: o Casco Vello do século XIX con Juan Compañel (impresor de Cantares gallegos de Rosalía) e Ángel de Lema (impresor de Faro de Vigo) até as ampliacións do século XX, deténdonos en Edicións Xerais ou a Editorial Galaxia. 
Por medio desta conferencia o alumnado coñeceu e foi  quen de comprender o transcurso da cultura galega (na súa expresión literaria) en relación con Vigo, analizando os protagonistas, as formas de socialización, os lugares concretos da cidade e a significación desta actividade editorial dentro de toda Galicia.






GALERÍA DE FOTOS


martes, 22 de outubro de 2013

SÍGUENOS EN FACEBOOK

https://www.facebook.com/esperanza.vigo.5

POLO CORREO DO VENTO

O alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, asistiron á actividade promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización do centro e polo SNL do Concello de Vigo á actividade " Polo correo do vento"
É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
A colección Polo Correo do Vento,  é unha colección editada por Edicións Xerais,  e preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Hugo, o teixugo, está protagonizado por algúns dos mamíferos da nosa fauna (o teixugo, a toupiña, o xabaril, o furón, a raposa…), presentando os diversos oficios tradicionais e algúns espazos paisaxísticos da Galicia interior (Ancares, Fragas do Eume…). Cada un dos volumes complétase cun epílogo, “Qué aprendiches?, con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.
No obradoiro desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. 
Nunha segunda parte do obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. 
Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".

Deixovos o enlace ao arquivo rar que tendes que baixar para verdes o albume de fotos.











domingo, 20 de outubro de 2013

DEBUXOS DO CULLARAPO ROQUE EN YOUTUBE

Os debuxos dos cativos de E. Infantil sobre o Cullarapo Roque están neste video editado polo SNL do Concello de Vigo, e que non hai outro xeito de reproducir que non sexa pinchando no enderezo do enlace. Aquí tendes as obras mestras dos nosos pequenos "mestres" e a súa visión de Roque e os seus amigos. Desfrutade das imaxes, non teñen perda!
http://youtu.be/1Q4wNcU0tTw



O CULLARAPO CROQUE

A pasada semana as alumnas e alumnos de Educación Infantil recibiron a visita de Miguel Anxo Alonso Díz e o seu " CulIarapo Roque".
Os alumnos asistiron atentas e atentos á lectura dos poemas, atenderon con moita atención á fabulosa interpreteción de Miguel Anxo, realizaron debuxos, cantaron, bailaron, participaron das actividades e como colofón realizaron debuxos dos personaxes que están colgados en Youtube.
En tódolos arquivos anexos podedes acceder ás actividades, á galería de imaxes , á biografía de Miguel Anxo e moito máis. Incluso podedes coñecer polo miúdo ao Cullarapo Roque e aos seus amigos. Xogade tamén vós como os cativos de Infantil, veredes que interesante!

Miguel Anxo Alonso
https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/ZooPaR4e1Q/Cullarapo%20Croque













domingo, 13 de outubro de 2013

UNESCOLONGO

Partillo convosco o blog do IES Campolongo de Pontevedra que adica este blog á cultura da paz e á figura de Nelson Mandela. Vaivos gustar. Para acceder podedes pinchar no enlace.

http://unescolongo.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Mandela

sábado, 12 de outubro de 2013

LECTURA VIRTUAL

Tendes á vosa disposición na marxe dereita do blogue un enlace cunha listaxe de obras de literatura infantil e xuvenil dispoñíbeis para lectura, audio, texto, video e imaxe. Só tendes que pinchar e...
DISFRUTADE DA LECTURA!

domingo, 6 de outubro de 2013

AS AVENTURAS DE SUPER IVÁN

Super Iván vs Anti Iván 

Nun lugar fóra do espazo e o tempo estaban os 26 deuses das 26 dimensións, creando 
o poder perfecto. Tardaron un ano pero ao final conseguírono.
Zekronera o deus da dimensión número 25 e Deoxys o deus da 2ª dimensión.
Zekron-: Xa que traballamos tanto no poder debería quedarmo eu.
Deoxys-: Xa, xa que quede con el o dragón do trono.
Deus(3ª dimensión)- : Mozos tranquilos, deberiamos relaxarnos.
E  mentres tanto falaban e estaban todos discutindo,  Victini, o deus da 5ª dimensión 
viu que o poder estaba brilando. Ninguén o escoitaba ata que ao final deu un super grito 
e entendéronlle todos, e dixo:
Victini-: O poder, mirade!
Reshiran (deus da dimensión número 26)- : Eh, mirade o poder está vivo. Victini, porqué non nos dixeches nada.
Entón Victini botou lume pola súa cabeza. Entón o poder reflectiu un olograma de Anti Iván que lles estaba advertindo de que é máis poderosos que nunca.
Zekron-: Si que é, Anti Iván, volveu.
Deus-: Poder, que debemos facer?
O poder púxose verde, e entón quería escoller a un mortal para que fose o seu dono.
Zekron-: Que, por que?
Deus-: O poder cre que é algo gordo, necesitamos axuda.
Grouron(deus da dimensión número 16)- : Desde cando necesitamos axuda?
Lugia (deus da dimensión número 15)-: Quen credes que pode ser, será Jack?
Zekron-: Por favor! a marmota (un ser da súa dimensión que se viste de animal) non.
Entón viron que tiñan a imaxe de Iván Ramírez Barros, elixiuno a el..
Deus-: IRB?
Zekron-: Eh!, retiro o devandito, prefiro a marmota.
Lugia-: Bo, mentres nos axude a protexer as dimensións.
Encargáronlle a Deus que fose o responsabel de entregarlle o poder. Meteuno nun meteorito do tamaño dunha furgoneta que enviou un día de 2013.
De súpeto caeulle o meteorito diante do Colexio. A onda expansiva foi tan potente que transformou a uns poucos elixidos en Pokemon. Tamén creou super viláns. Entón Deus 
usou o seu poder para contactar con Iván e darlle o poder das súas mans. Iván colocoullo no peito, metéuno dentro do corpo e entón transformouse nun Lucario. E de súpeto falaron de que el era o elixido, elixiuno a el o poder.
SI-:Oe, debiamos buscarlle un nome a este poder, Que tal o poder ultimamente?
Deus-:Mola.
SI-:Estou alucinando o Deus dixo “mola”.
Todos os mozos víronse a si mesmos e estaban transformados en Pokemon. Non todos 
os mozos da terra só uns poucos elixidos. E de súpeto SI lanzou o meteorito ao ceo e disparoulle un raio láser. E de súpeto todos viron que estaba Deus, pero estaba transformado nun Pokemon, Arceus. Entón falou cos mozos e díxolles que era Deus,  
todos empezarona crer no ceo e cambiaron para mellor.
Tamén á súa nai viu que lle caeu un meteorito enriba a Iván e foino abrazar, porque estaba moi preocupada.
Mari (alias “mamá de Iván”)-:  Oe, tes razón, o ceo existe, é incribel!
SI-: E agora vou facer o baile da vitoria, “eu teño razón, eu teño razón a túa non”.
Deus-:Iván, acompáñame.
Deus transformou a escola A nosa Señora da Esperanza na superescola de super heroes 
e levou a Iván ao seu despacho. E estaban falando.
Deus-:Imos falar Iván.
Iván-:En serio?
Deus- : Quen é SI, cal é o teu centro?
Iván- :O meu centro?
Deus- : SI o poder escolleute como o maior heroe de todas as dimensións debes ter algo moi especial no teu interior. Poñereiche un exemplo, así é como me ves a min, moi grande 
e intimidante, pero si me coñeces un pouquiño mellor,.... veña adiante.
E entón a Iván déulle unha desas bonecas rusas, que se abren e hai outra dentro. E de súpeto Iván abriuna e....
SI- :Es a alegría da horta?
Deus-: Non só son alegre tamén son misterioso e valente e cariñoso e sabio. E no meu centro
SI- : Hai un mini bebé de madeira?
Deus-: Mira ben,que é o que ves?
SI-:  Tes  os ollos grandes
Deus- : Si, ollos grandes porque están cheos de ilusión, esa ilusión que levo ao mundo, e isto lévame a construír este mundo e a dimensión enteira. E iso é o que me converte igual que o teu, nun heroe, porque eu creei algo fermoso, unha dimensión. E cal é o teu centro?
SI-: Non o sei.
Déulle a súa figura de madeira de mini bebé para que quedase con ela e buscase o seu centro.
Daemón-:  Temos unproblema, hai un incendio en NY.
E entón foron a Nova Yorke, onde había un gran incendio nun edificio. E había unha nena tapada, 
e entrou Iván a rescatala, transformado en Lucario.
Iván-:   hidrolátigo!.
Botou a porta abaixo e entrou ao terceiro andel e viu 
a nena atrapada, tirou outra porta abaixo e intentouna salvar.
Iván-: imos, acompáñame!
Pero a nena tiña moito medo.
Nena- : non te afastes de min ,por favor!.
Iván-: imos, tes que acompañarme, é pola túa vida.
Nena-: non, non.
Iván mostroulle a súa verdadeira identidade, un humano.
Iván-: ves? Son normal, só que teño super poderes.
Pícara-: ala!
E volveuse transformar en Lucario, colleu á nena e saíu pola fiestra. Viron que tiña á nena en brazos.
Papá(da nena)- : filla!
Pícara-: papi!
Ao ver que estaba a salvo a nena, Deus díxolle:
Deus-: O incendio xa está apagado pero hai un home no terceiro andel.
Iván subiu a devolverlle a vida, pero por desgraza non a quería, dixo que xa vivira abondo.
BenParker-:  Non, déixame morrer, eu xa vivín, agora tócache a ti Iván.
Iván-: sábelo?
Ben-: Pois claro que o sei, vinte. E por certo, lembra isto, un gran poder conleva unha 
gran responsabilidade.
Entón foise a informar a Deus de que o ancián non quería volver vivir.
JJJ-: Ese é o home que incendiou o edificio.
SI-: Que, pero de que está falando? Ou ,non fixen nada.
Policía-: Xa,  e como explicas isto, o incendio foi provocado por alguén.
Deus-: Deixádeo en paz, non fixo nada, el é un heroe.
JJJ-: Xa, pero se fose un heroe salvaría a ese home, así que mantén a esa ameaza lonxe 
de nós.
Fóronse, pero sen saber que a Iván, Deus e os seus amigos, espiounos un secuaz de Anti Iván.
AntiIván- : as luces da vida das persoas, por que non se apagan?
Eo secuaz murmuroulle ao oído.
AI-: Hai super heroes de verdade?
Os secuaces-:  Pero como é posible? Isto non ten sentido.
AI-: Oh, pechade o pico ou vos mato e vos desintegro. Bo, seguide gozando heroes porque deica pouco SI desaparecerá.
E mentres tanto viron que MaltecM, cambiouse de cole, así que foi á escola de super heroes, porque ela tiña super poderes.
MaltecM-: Ola Iván, que hai? Mírame, eu tamén teño super poderes.
SI-: Oh, que ben, que poderes tes?
MaltecM-:Teño o poder da maxia.
E MaltecM estaba transformada en Maya de Pokemon, en toda a historia. E mentres 
tanto dúas semanas despois Iván estaba adestrando con Deus. Aportaron que si Iván non completaba o adestramento tería que limpar todas as reliquias de ceo, e non o completou. E entón foi cara ás reliquias con Deus e viron unha chea de cachivaches únicos en todo o universo, e quizais en toda a dimensión. E Deus foise a xunto dos outros alumnos. E Iván abriu un armario. Deus díxolle que ese armario non contiña nada. Entón viu un espello tapado, quitoulle a saba e viu que estaba brilando o espello. Entón pecháronse as portas do armario.
Deus-: Iván, está todo ben?
Iván-: Todo ben.
Cando se foi as portas do armario rompéronse e apareceu un Lucario vermello, era Anti Iván.
AI-: Meu, meu, meu. Iván limpa iso! Jajajaja. Non.
No comedor viron a Daemón comer moi rápido.
MaltecM-: Daemón deberías comer máis a modo, poderíaste atragantar.
Daemón-: Nin falar, teño que comer o que poida antes de que chegue Iván.
Todos quedaron con cara de pensar e comeron rápido.
De súpeto Iván estaba entrando pola porta e dixo.
Iván bo-: Ola chicos, fíxenvos zapatillas de andar por casa a todos.
E deullas a todos os amigos e alumnos.
Daemón-: eh, eh, as mans quedas Iván, é a miña comida.
Iván-: non teño moita fame.
E todos puxeron cara de " isto non é normal non”. E entón recolleu os pratos e os fregou.
Funsac-: chicos!  ataque de criminais nos arredores.
E entón foron todos.
Iván-: podo ir eu ou é cousa só de vós?
Valedocia-: Iván imos, non te quedes aí quedo.
Foron e capturaron aos criminais, excepto a un que escapou. E viron que Iván estaba raro, estaba demasiado ben, ata a Deus parecíalle raro.
Mentres tanto, Hancout estaba polo comedor cando viu a Anti Iván comendo, pero non sabía que era AI.
Hancout-: Aquí estás, Deus citounos na sala de adestramento, deberiamos ir.
AI-: Vaite a casa coa túa mamaíta, neno de mamá gorda.
Hancout-: Vale entón ireille a dicir….Un momento, que dixeches?
AI-: Pícaro de mamá gorda.
Hancout foise cunha mirada horrible. E de súpeto atopouse con Iván bo, pero non sabía que era o bo.
Iván-:Ah, ola, que hai?
Hancout-Deixa de seguirme.
Entón Hancout pegoulle e atacoulle e entón foise.
Iván-: Que? Pero que pasa?
Foi dar un paseo pola cidade, pero todos crían que era o malo. Chamábanlle “lercho, 
idiota e mal bicho”.
E de súpeto atopou ao Iván malo. De súpeto o Anti Iván agarrouno.
AI-: Deixa de seguirme.
SI-:Vale, vale, perdón.
Os dous miráronse fixamente, viron que eran a mesma persoa.
Ambos-: Oh, Quen es? Eu son Iván, o ser máis poderoso de todas as dimensións.
Iván-: Non pode ser, eu son Iván, o tenro, simpático e flacucho.
AI-: Non, eu son o xenial Iván que fai todo o que quere.
SI-: Eu son Iván, o coleccionista de baratixas de Pokemon.
AI-: O machuca-inimigos.
SI-: O amigo dos heroes e da humanidade.
Ambos-: O tío que irrita a Deus.
SI-: Mama miña! O espello, pois claro, Como non vin antes? Dividiume en dous Iváns.
Ambos-: Xenial!.
SI-: Oh, Deus saberá que lle desobedecín, vaise cabrear!.
AI-: Bah, e que importa iso.
SI-: Vouno  decepcionar.
AI-: Deixa de preocuparte por Deus.
Entón AI pegoulle e os dous sentiron a dor. Entón pegoulle outra vez, e deulle co dedo.
AI-: Terei que asegurarme de que non te  fagas dano.
SI-: Guai!
AI-: Podemos colaborar, pero só si fas todo o que eu che diga.
SI-: Non sei.
AI-:E si consigo unha bolsa de Dokyos?
SI-: Pois vale.
Foron a xunto das reliquias do ceo.
SI-: E cal é o plan?
AI-: O plan é que o teu eu quede aquí e eu serei o ser máis poderoso de todas as dimensións.
SI-: Ah claro.
O Iván malo foi á sala de adestramento.
Deus-: Escoitádeme todos, este adestramento é o máis importante. É para fortalecer
o voso lado feble.
E de súpeto o Iván malo déulle a MaltecM co cóbado e díxolle:
AI-: Ola guapa, como o levas?.
MaltecM pensou que iso non era normal nel.
Deus-: Iván chegas tarde, na puntualidade es tan destacado como todos os heroes.
AI-: Bla, bla bla, gárdate a túa sabedoría Deus. Que tal se por chegar tarde pelexo 
con Hancout e con Funsac coas mans atadas ás costas.
Deus-: Comezade! .
De súpeto atacáronno.
Hancout-: Isto pola miña nai.
E derrotou a Funsac, e Hancout quedou  impresionado, e tamén derrotou a Hancout. 
Ía machucarlles moito máis.
Valedocia-: Iván xa basta!.
Entón todos os alumnos foron a por Iván e ningún podía con el. E ata pegou a MaltecM
( a súa amada)
AI-: Non podedes máis? E eu que pensaba que erades heroes.
Deus-: Iván, tanta agresividade non é digna dun heroe.
AI-: Oh veña, cálate dunha vez vello, son o ser máis poderoso, o poder escolleume a min non a ti, e agora vai haber moitos cambios por aquí, agora manda o gran Iván. Hahahahaha.
E Deus estaba no seu despacho.
Deus-: Non o entendo, onte estaba perfectamente no adestramento ata que lle ordenei limpar as reliquias.
Non sabía que Anti Iván estaba detrás del.
Deus- :  Pois claro, o conxuro máxico do espello. Dividiuno e trouxo ao seu dobre malvado. Será mellor que teña coidado, a súa metade malvada pode ser letal.
AI-: Moi certo.
Entón encerrouno nunha gaiola de cemento anti poderes.
SI-: E agora hai que espertar ao dormilón, espertáches? Non te preocupes falarei baixiño, voz interior.
Deus-: As reliquias, é moi astuto.
SI-: Pois si, tes razón, fai tempo que non pasaba aquí.
Deus-: Iván, dáste conta do que está pasando aquí?
Iván-: Pois non, non moito.
Deus-: Mirácheste no espello e dividícheste en parte boa e parte malvada.
Iván-:Oh, e cal é o auténtico?
Deus-:Ti es o auténtico, o Iván bo, compasivo e inocente, un pouquiño sensiblón.
Iván-: Non é verdade.
Deus-: Pero o Iván malo carece de todas estas calidades e ten toda a túa agresividade acumulada de todos estes anos.
Iván-: Pero tamén está ben, non?
Deus-: Á noitiña volverase permanente e só perdurará un malvado Iván de poderes ilimitados.
Iván-: Tócome o fuciño coa lingua.
Mentres tanto Valedocia e MaltecM estaban no comedor cando viron ao Iván malo cos criminais máis buscados do país xogando ao Poker.
Valedocia-: Pero que significa isto?
AI-: Que hai pringados. Collede unha cadeira,  pero advírtovos, ese criminal é un tiburón.
MaltecM-: Non podes estar…
AI-: Podo e fareino. Son o ser máis poderoso e aquí mando eu. E non vou deixar que 
unha nena parva amargue a miña vida. Así que marcharvos de aquí. E por certo, ódiote.
E entón MaltecM foise chorando.
Valedocia-: MaltecM  espera!
AI-: Ah, por certo, facede as maletas, dixen a todos que vos ides de aquí, agora manda 
o gran Iván, e por certo, vai haber moitos cambios por aquí.
Mentres tanto.…
Deus-: Cada minuto que pasa o Iván malo faise máis inestable e poderoso. Será mellor 
que o deteñamos.
SI-: Pero non nos custará un pouco connosco aquí encerrados e coa chave aí?
Estaba diante del, e chegaba co pé.
Deus-: Iván, esta chave estivo aquí todo o tempo.
Si-: Non, desde que lle caeu ao meu outro eu.
Deus-:Ah e daste de conta de que chegas co pé?
SI-: Ah,! xa sei onde queres chegar pero prometinlle ao outro eu que me quedaría aquí.
É que quero caerlle ben, cres que lle caio ben?.
Deus-Iván, queres deixar de ...uf!.…Si, cáeslle de marabilla e por iso non deixou unha saída é como un puzzle e ti resolvíchelo. Bo mozo Iván.
Entón Iván saíu do cepo e colleu a chave.
SI-: Viva eu!
Deus deuse de conta de que podía saír en calquera momento e pensou“que bobo é este mozo”. Mentres tanto, na porta do colexio Anti Iván estaba convencendo aos criminais para prender lume á cidade.
Daemón-: Iván volveuse tolo de verdade!.
Xería-: temos que deter a Iván, pero como o facemos?
SI-: Eh chicos, aquí estades. MaltecM agora vai  limpar a túa habitación!.
De súpeto os mozos atacáronlle cunha chea de labazadas.
SI-: Estades en forma! ¡Uh que forza Hancout! Aquí están, Deus.
E entón MaltecM déulle unha patada na entreperna.
Deus-: Chicos, basta, ese non é o Iván que está causando problemas.
Valedocia-: que queres dicir?
Deus-: Vinde, vinde comigo todos, ata os profesores (entón Iván quedou quedo aí, esperando). Ti tamén, Iván.
SI-: ben!
Deus-: Afffff
Pasa un tempo.
MaltecM-: Xa sabía eu que non era el o verdadeiro Iván. Ui, teño remordimentos.
Deus-: E agora escoitade, sieo Iván malo ve o seu reflexo no mesmo espello do que saíu, 
os dous Iváns reuniranse ao instante.
Iván-: Pero , estades seguros de que o Iván malo viu á cancha?
AI: abride paso!
Funiac-: segurísimo!
SI-: Isto vai ser xenial.
Funiac apartouse do medio e todos se esconderon.
AI-: Que capa me poño para que me adoren?
MaltecM saltou e intentoulle facer que se mirase no espello.
Pero AI tapou a cara.
AI-: Nin falar guapa, eu xa sei o que pasará se me miro nese espello.
Deus-: Coidado, se rómpese o Iván malo quedará para sempre.
AI-: en serio? Esa é unha boa idea.
Loitaron todos, case se rompe o espello, pero salvárono. E os mozos só lle pegaron unha vez a AI.
SI-: Au! Oh non! Eh chicos, esquecinme de dicirvos, cando lle pegades eu sento a dor tamén.
Funsac-: pois por sorte para ti non estamos acertando.
SI-: Espera, si cando lle pega a el dóeme a min…
Entón SI pegouse a si mesmo unha chea de veces, e Anti Iván sentiu a dor. Collérono dos brazos, e intentaron facer que mirase ao espello, pero AI creou un puño xigante e rompeu o espello.
AI-: Bo intento, super memos, pero este Iván fai o que quere.
SI-: E este Iván fai o correcto.
E entón fixo que AI se mirase no espello.
AI-: Pero non pode ser, entón rompín unha.
SI-: Réplica. Ata logo tío.
Iván desapareceu, pero non sabía cal era o Iván bo ou o Iván malo.
Iván-: foi alucinante, jejeje. A comer! De todos os xeitos este Iván non era tan duro,
e está detrás do meu, verdade?
AI-: Moi certo.
Hancout-. Pero non pode ser, como é posible? Se te miraches no espello.
AI-: Expricareicho, unificamos o conxuro máxico do espello. Agora que podo pensar direiche que deberías ir ao psicólogo, supermán moderno.
SI-:Entón, non lle atopo explicación a isto.
AI:-En realidade eu son o teu dobre malvado doutro universo. Coñeces a teoría dos universos paralelos, que hai seres opostos a nós?
MaltecM-: Pois si, pero , por que lle fixeches isto a Iván?
AI-: por que lle fixen isto? Pois voucho dicir, fai un ano fun derrotado por ese tío. 
Déume un puñetazo xigante en soños e eu notei a dor. E cando estiven no reformatorio tiven tempo para pensar en dúas cousas, que os seres humanos son seres inferiores que merecen ser eliminados. E que a caca de pomba é difícil de eliminar da miña pel.
Todos-: Uuug!
AI-:Si, dá máis noxo do que vos imaxinades.
Deus-: Pois non o saberás, pero teño ante min un arma secreta e imos deter os teus plans.
MaltecM-: tes un arma secreta?
Deus-: non o sabes todo sobre min. Observade. Dang!
Dang-: si?
Todos-: aaaaah!
Deus-: Dang, xa sabes o que hai que facer.
Dang-: si, señor. Prepárate a morrer. Demo de aceiro!
E entón AI creou un robot xigante que disparaba torrradas desde o cu e derrotou a Dang. Pero custoulle moito, e moitísimo, refírome a que tardou 30 segundos.
SI-: Bo, poida que Dang caia, pero eu aínda estou de pé e vou derrotarte.

AI-: Antes de que vos elimine, queredes dicir unhas últimas palabras?
Daemón-: Pois si, debín comerme o último canapé do buffet.
SI-: Ese é o teu último pensamento?
Daemón-: pois si, estaban moi ricos.
E AI puxo unha cara de, “estes están tolos”. E entón chamou a todos os seus dobres malvados. E todos eran de cor negra, menos AI, que era de cor vermella.
Loitaron ferozmente, pero os dobres malvados gañáronlles.
E entón AI, que estaba a piques de matar a SI viu a MaltecM e parou o asasinato..
SI-: Por que non me matas?

AI-: Oe, quero que a túa morte sexa moito peor, isto é demasiado fácil, así que vete preparándote porque volverei. Ímonos/Ímonos xa.!!!!
Daemón malo-:  Pero a vitoria é case nosa.
AI-: dixen que nos imos xa.!
E entón teletransportou a todos os dobres malvados a un lugar descoñecido.
Iván espertouse na enfermería. E foi polo sur a meditar e adestrar un pouco. Cando de súpeto atópase con AI e falan de que AI debería unirse a el, pero Iván negouse. E AI derrotouno.
AI deuse conta de porqué o poder o elixiu a el, pola súa bondade. E asívolveu á super escola e fíxose máis forte, pero non o suficiente para derrotar a AI. Convocou a todos 
os nenos do colexio a unha reunión no patio e convenceunos para unirse e loitar cos seus dobres malvados outra vez.
Daemón-: Oe Iván, tes idea de onde está Anti Iván?
SI-: Antes de irse ameazou aos habitantes da terra.
Daemón: Pronto a terra converterase nunha gran mazá frita.
SI-: Iso é Nova Yorke.
Deus-: Estas seguro de volver enfrontarte a AI?
SI-: Eh, un home díxome “un gran poder conleva unha gran responsabilidade”.
Todos foron a Nova Yorke na escola, que estaba voando. Era unha base flotante.
Mentres tanto en Nova Yorke os dobres malvados estaban atacando á xente, e nin sequera a policía podía facer nada contra eles.
Por de pronto chegaron os Super Heroes e puxéronse en posición.
Funsac-: Bullacazaa.!!!!!!
AI-: Vaia, por fin descubríchesme SI, crin que che levaría máis tempo.
SI-: Pois levoume pouco, e agora preparatee a recibir a poderosa vontade do martillo 
da xustiza.
Deus-: De verdade? Bastaba con dicir a por eles.
SI-: A por eles!
Entón todos loitaron coas súas réplicas, pero SI e AI estaban demasiado empatados. 
De súpeto, nun segundo SI rabuñoulle coas súas  garras e déixolle unhas cicatrices que eran unha maldición. EAI transformouse nos depredadores dosaliens de SI. E case lles 
ía a gañar, pero no último momento apareceron Dialga (o deus da cuarta dimensión) e Palquia  (o Deus da oitava dimensión), e todos os deuses de todas as dimensións loitaron con AI pero ningún podía gañarlle. E entón, cando AI estaba a piques de destruír todas 
as dimensións MaltecM achegouse a SI díxolle:
MaltecM-: Iván , estás ben?
SI-: Iso parece.
MaltecM-: Chegounos a hora.
SI-: Iso parece. Botareite de menos.
MaltecM-: Antes de ser destruídos gustaríame darte isto.
MaltecM deulle un bico nos beizos. Entonces Iván volveuse verde de enerxía..
AI-: agora xa vos chegou a hora. Jajajajaja.
Deus-: todo está perdido.
Cando AI vira un resplandor verde, parou e foi cara el.
E  viu a imaxe dun Lucario verde que estaba cuberto de enerxía.
SI-: Crías que estaba un pouco verde?.
AI-: Super Iván!
Iván gañou a AI, pero AI continuou co seu plan, intentou destruír toda a dimensión pero SI derrotouno e púxolle unha camisa de forza e unha boceira, e levábano nunha carretilla.
Deus-:   Iván, quítalle o poder cósmico a AI.
Quitoullo a AI e destruíuno.
E entón todos os cidadáns de NY aplaudíronlle a SI e aos seus heroes.
Pero AI estaba a piques de dicir unhas palabras.
AI- : Derrotáchesme, pero aínda teño forzas para dicir isto. Gustaríame dicir a verdadeira identidade de SI.
Todos os heroes-: Non o digas!!!!!!!!
AI-:  Oh, si! SI é en realidade Iván Ramírez Barros.
E revelou as identidades de todos os super heroes, e as súas direccións,  onde vivían.
A nena que salvou do incendio abrazou a SI. E SI abrazou á nena. E o seu pai estreitoulle a man. E volvéronlle a abrazar os cidadáns e gritaron:
Cidadáns-:   ¡SI,SI, SI, SI!
Entón a policía do ceo levouse a AI e aos super viláns ao baleiro, o cárcere para os criminais máis buscados de todas as dimensións.
SI- : Bon, agora que todo acabou gostaríame facer unha cousa.
Deus- : Que é?
SI foi ao espazo, un punto entre a terra e a lúa, e gritou.
SI- : Ata o infinito e máis aló.
Mentres tanto no baleiro os criminais estaban discutindo porque perderan a bataia contra os heroes. Cando saíu AI da súa cela e levouse á Miriam maila aos demais deixounos aí, podrecéndose. E entón AI dixo cando estaba fóra do cárcere:
AI- : Escóitame SI,onde queira que esteas volveremos atoparnos. Jajajaja.
E así foise a un portal interdimensional a un lugar da terra.

                                                           FIN?


IVÁN RAMÍREZ. 3º ESO