venres, 13 de decembro de 2013

NO NADAL, UN CONTO

Queredes facer cousas na cidade nestas vacacións de Nadal? queredes pasalo ben? queredes saber a donde ir?
Aquí vos deixo un enlace donde tendes un calendario con tódalas actividades que se van realizar polas rúas da nosa cidade, as datas, as horas... haberá contacontos, xogos de lecer e outras cousas que farán que o Nadal sexa marabilloso un ano máis.
Velaí está " No Nadal, un conto"

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/postal%20no%20nadal%20un%20conto.pdf

UNIDADE DIDÁCTICA: O NADAL

Se queredes pasar un bo rato, facer actividades e aprender cousas novas sobre o Nadal, aquí tendes esta Unidade Didáctica que vos vai proporcionar momentos agradables e novos coñecementos sobre estas datas tan sinaladas, pero que non todos no mundo celebramos.
A pasalo ben!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/unidade_didactica_nadal.pdf

xoves, 12 de decembro de 2013

O NADAL

OBeléns

Como tódolos anos, chegados a estas datas, celébrase na escola, mediante diversas actividades, o Nadal.
Unhas das actividades é os Beléns nos corchogramas dos diferentes ciclos.Todo é feito a man. Vexamos:
Este é a entrada de Educación Primaria.

Este belén está situado no 2º ciclo, con luceciñas e todo.
 A lareira colocouse no 3º ciclo, ata parece que fumega.
 
 
Xa se ve!, é do  2º ciclo

A orixinalidade creo que a merece o 1º ciclo
Os de Infantil currárono de verdade,e ademáis agora non se fan vivendas pero elas probaron igual,
Digamos que as caixas dos ovos sirviron para que os de Infantil con algunha colaboración plasmaron esta fermosa imaxe.
Pido para todos-as que os malos momentos vólvanse sorrisos a esgalla. Bo Nadal.

venres, 6 de decembro de 2013

UNHA VIAXE AO MUNDO DOS MORTOS


ADIVIÑA A PALABRIÑA


SOM O GALEGO E O PORTUGUÉS A MESMA LIMGUA?


DALLE Á LINGUA


É O TELÉFONO 016 PARA DENUNCIAR OS MALOS TRATOS?

É o teléfono 016, para denunciar os malos tratos? Bos días. O meu empezou antes de que eu nacese, pois o meu pai foi o párroco de Padrón, que se aproveitou da miña nai facéndoa desgraciada para toda a vida. Sendo adolescente empecei a sentir o desprezo dos demais por ser filla de solteira e filla do cura; e descubrín a dura realidade da sociedade machista na que me tocara vivir. Quixen canalizar a miña melancolía en actividades artísticas e culturais, pero fun discriminada: aquilo levoume á soidade e á tristura, e empezaron a chamarme "a tola". Non podía resignarme a aquel mundo feudal onde os homes só permitían ás mulleres ser submisos esposas, condenándoas a permanecer sempre no fogar e a mercé da vontade do marido. Por iso, cando cumprín 19 anos decidín loitar contra o destino e escapei a Madrid coa miña tía e unha cuñada. Quixen formarme e converterme en escritora: pero tamén sufrín o rexeitamento dos círculos culturais restrinxidos aos varóns. E no meu desespero pasoume o que xurara que non me acontecería nunca: perdín a cabeza ante os afagos dun crítico literario, tamén galego, que me deixou embarazada. Tras moitos esforzos e presións conseguín que casase comigo, porque non estaba disposta a seguir viva sufrindo o calvario que tivo que pasar a miña nai, nin a que o fillo que levaba nas miñas entrañas sufrise o mesmo ca min: pero Manuel, que así se chamaba a persoa que se converteu no meu esposo, non accedeu a que a miña nai viñese á voda, nin a volver a Galicia ata despois do enlace, onde xa naceu a miña filla.

A miña vida co meu marido foi un continuo sufrimento: como deixei escrito, sempre lle tiven máis respecto que amor. Manuel pasaba longas tempadas fóra de casa, e por pudor e decencia evitamos que transcendesen as súas infidelidades. Como historiador e escritor converteuse en líder intelectual do chamado Rexurdimento, e utilizoume para os seus fins políticos: rouboume unhas poesías que eu escribira para desafogarme, e publicounas en Vigo sen o meu permiso: iso foi o ano 63, fai agora século e medio. En vista do éxito, usoume como referente do seu movemento galleguista, e esixiume escribir máis.Acompañeino unha tempada a Madrid, onde os meus escritos me proporcionaron un pouco de diñeiro. Pero por ser muller non me pagaban moito nin ben, e ás veces nin o facían: o propio Bécquer morreu en decembro de 1870 sen pagarme o acordado por un artigo que lle enviara para a Ilustración Española. Regresamos a Galicia e seguín escribindo, aínda que o meu costume de dicir as cousas claras me ocasionou problemas: un día un grupo de 200 seminaristas de Lugo apedraron a imprenta que publicaba o Almanaque de Galicia por aceptar unha colaboración miña na que criticaba a hipocrisía dalgúns relixiosos. Quixeron amedrentarme, pero non me asustei e seguín escribindo. A miña fama ía crecendo; pero os amigos do meu marido empezaron a criticarme, dicindo que todo o bo que eu publicaba mo escribía o: non concibían que unha muller puidese desenvolver unha actividade intelectual. E un día que publiquei Nel imparcial de Madrid un artigo relatando o inaceptable e machista costume chamado "prostitución hospitalaria", que aínda perduraba entón nalgúns lugares da costa galega, e que consiste en que os homes ofrecían aos mariñeiros que acollían nas súas casas o regalo de pasar a noite mantendo trato carnal cos seus esposas ou fillas, aqueles "rexionalistas" lanzáronse contra o meu dicindo que eu quería desprestixiar a Galicia difundindo mentiras. Indigneime, pero non puiden facer nada contra eles, porque non tiven o apoio de Manuel nin de ninguén.

Cando se produciu o meu falecemento, o meu marido destruíu algunhas das miñas cartas, e varios artigos e obras que eu conservara para que se publicasen, como a historia do meu avó José Castro. Mesmo despois de morta seguín sufrindo agravios daqueles homes, que manipularon a miña memoria e modificaron partes das miñas obras (borrando parágrafos feministas, ou críticas á Universidade de Compostela); tamén se afeccionaron a cambiar a ortografía das obras que escribín en galego, para publicalas nun galego oficial e frío que non era o que se falaba antes nin agora: xa non son as miñas palabras senón as súas. E como colofón, sufrín o infamante secuestro do meu corpo: porque eu fora enterrada no cemiterio de Iria, en Padrón, onde pedira expresamente descansar para sempre; pero seis anos despois do meu óbito aquel grupo de rexionalistas, co meu marido á fronte, perpetraron a exhumación e trasladáronme a un mausoleo que fixeran para min en Santiago, converténdome contra a miña vontade en musa e obxecto de culto da súa ideoloxía, a pesar de que eu renegara deles e deixara de escribir en galego como resposta á súa xenreira. Remata aquí a miña denuncia. Grazas por atenderme. Só lles prego que fagan o posible para que devolvan os meus restos mortais ao meu querido cemiterio de Padrón. Quero descansar en paz, sen que os homes me impoñan a súa vontade! Quero ver o mar! Son Rosalía Castro de Murguía: por favor: axúdenme!
Ánxela.

25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





O pasado día 25 o alumnado da ESO manifestou, coma o resto da xente con conciencia, o seu rexeitamento á violencia de xénero. As alumnas e alumnos de 4º participaron nas actividades de " Enlázate" promovidas pola Concellalía da Muller e que culminaron no centro da cidade cunha manifestación e elaboración dun tapíz humano.


Os de 3º asistiron á presentación dun traballo elaborado por Ánxela, e moi ben presentado. Volo presentamos en formato Dropbox para que poidades acceder a tódolos documentos.



https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/laLuuL6-Ww/GALEGO